29.07.2025. A Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo foi o escenario elixido para anunciar, este mediodía, que o posto …E para comer, Lugo estará un ano máis presente en La Vuelta Ciclista a España 2026. A provincia de Lugo promocionarase en todo o territorio español por décimo cuarta vez consecutiva a través desta iniciativa impulsada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).
29.05.2026. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) vén de clausurar a terceira edición do evento enogastroturístico Marida Maio, patrocinado pola Deputación de Lugo. Este xoves, 28 de maio, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu o encontro que completou o aforo.
22.05.2026. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) vén de celebrar a segunda xornada enogastroturística da terceira edición do Marida Maio, evento patrocinado pola Deputación de Lugo. A continuación da festa primaveral tivo lugar este xoves, 21 de maio, no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos e contou co aforo completo con días de antelación. O encontro que pechará este ciclo, previsto para o 28 de maio, tamén ten xa o aforo completo.
19.05.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, oferta este curso gratuito Cero accidentes na hostalería: hábitos seguros no traballo.
15.05.2026. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) puxo inicio á terceira edición da festa primaveral Marida Maio este xoves 14 de maio. Estas xornadas enogastroturísticas na Ribeira Sacra, patrocinadas pola Deputación de Lugo, toman como marco o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos. As vindeiras citas están previstas para os dous últimos xoves do mes, días 21 e 28.
30.04.2025. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) prepara xa a terceira edición da festa primaveral Marida Maio, xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, patrocinadas pola Deputación de Lugo, que terán lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos os xoves de maio, 14, 21 e 28.
13.04.2026. O encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), celebrouse esta noite no restaurante Voar, en Ribadeo, cunha cea servida por Eventos Mesón de Alberto na que se xuntaron preto de 200 asistentes entre hostaleiros, autoridades, provedores e representantes do sector.
09.04.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará o vindeiro luns 13 de abril a Gala Provincial da Hostalería no restaurante Voar, en Ribadeo, que será servida por Eventos Mesón de Alberto.
ENTREVISTA | María Paz Fernández Freire, xerente
Por que decidiu unirse a Apehl?
Unímonos a Apehl porque cremos firmemente na unión do sector, e máis aínda no ámbito rural, que nos últimos anos sofre abandono e falta de apoio. Pensamos que pertencer a unha asociación como APEHL permítenos estar mellor informados, defensos e acompañados, á vez que contribúe a darlle visibilidade e forza á hostalería rural e aos pequenos establecementos como o noso.
23.03.2026. A 18.ª edición do Estase Cocendo rematou esta pasada fin de semana logo de quince días de celebración. Este sábado tivo lugar o V Aquelarre das Meigas cun programa completo de actividades, que contou con numerosa participación de público en Monforte.