• O certame celebrarase do 7 ao 23 de novembro, e a gran final terá lugar os días 28, 29 e 30 do mesmo mes.
17.10.2025. O Concello de Lugo acolleu a presentación da vixésima edición do Concurso de Tapas de Lugo, un evento que xa se converteu nunha cita imprescindible no calendario gastronómico da cidade. No acto participaron Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo.
10.10.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que será impartido polo Instituto Galego do Viño, cuxo director é Xoán Cannas.
26.09.2025. A hexemonía do noso país en materia turística é incuestionable, como tamén o é a riqueza e variedade de opcións que ofrece España aos millóns de turistas que nos visitan ano tras ano. En 2024, máis de 94 millóns de visitantes gozaron das nosas praias, da oferta cultural, do patrimonio histórico, das nosas paisaxes, da seguridade que ofrece o destino e do noso estilo de vida, que ten o seu epicentro nos bares, restaurantes, cafetarías, locais de lecer e nas súas terrazas. Este é o elemento diferencial respecto da proposta turística de calquera outro país do mundo: a nosa forma de socializar, esa cultura de bares que nos fai prolongar a sobremesa ou improvisar encontros e que ten unha vocación integradora. Convertimos a nosa maneira de ser e de divertirnos nun reclamo para a actividade turística.
15.09.2025. O posto …E para comer, Lugo puxo o broche final ao seu percorrido por España xunto a La Vuelta Ciclista 2025, tras varias semanas de intensa actividade promocional. Por décimo terceiro ano consecutivo, a provincia lucense estivo presente nesta cita deportiva de referencia, promocionando a súa riqueza gastronómica e turística grazas á iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e o apoio da Xunta de Galicia.
10.09.2025. O posto …E para comer, Lugo rematará a súa ruta de promoción turística e gastronómica da provincia nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España este vindeiro domingo e esta semana visitou as localidades galegas de Poio (Pontevedra) e O Barco de Valdeorras (Ourense).
02.09.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou no día de hoxe que mañá abre o prazo de inscricións para todos aqueles establecementos que queiran participar na vixésima edición do Concurso de Tapas de Lugo.
27.08.2025. O posto …E para comer, Lugo arrancou a súa viaxe con La Vuelta Ciclista a España esta mañá en Figueres (Girona). Por décimo terceiro ano consecutivo, a provincia lucense promocionarase en todo o territorio español a través desta iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).
20.08.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, prepara para o mes de outubro o curso Prevención de Riscos e Benestar Laboral con enfoque sustentable.
31.07.2025. Esta mañá, a Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo acolleu a presentación dunha nova participación do posto …E para comer, Lugo en La Vuelta Ciclista a España. Por décimo terceiro ano consecutivo, a provincia lucense promocionarase en todo o territorio español a través desta iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).
Explicar por que Lugo é un destino tan especial para os visitantes é tan sinxelo como recoñecer a riqueza natural, cultural e gastronómica que nos rodea. A nosa provincia destaca pola súa diversidade paisaxística, coa maxestosa Ribeira Sacra, a inmensa Terra Cha, a tranquilidade de Ancares-Courel ou a impresionante costa da Mariña, e a histórica cidade de Lugo, coa súa emblemática muralla romana, declarada Patrimonio da Humanidade. Estas paisaxes únicas complétanse cunha oferta gastronómica recoñecida, amparada baixo a nosa marca …E para comer, Lugo, que pon en valor os produtos autóctonos e a tradición culinaria que nos diferencia.