APEHL

Novas

A Apehl fomenta a formación en residuos entre os hostelerios da provincia de Lugo

30.06.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) continúa coa súa labor de concienciación en materia de sustentabilidade e reciclaxe. En colaboración con Hostelería de Galicia e a Xunta, a entidade promove unhas charlas formativas centradas na implantación do novo colector marrón.

A Apehl impulsa na provincia a modernización do sector hostaleiro con consultorías gratuítas aos seus asociados, networkings grupais e formación onli

Medio cento de hostaleiros lucenses formarónse en Lugo e Monforte sobre dixitalización grazas aos fondos Next Generation da EOI.

Ampliado, por petición da Apehl, o horario de peche da hostalería da cidade de Lugo durante o Arde Lucus

09.06.2025. O Concello de Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación de dúas horas sobre o horario límite de peche habitual en todos os establecementos de hostalería do municipio, con motivo da celebración do Arde Lucus.

Esta medida estará vixente desde a noite do xoves 12 ao venres 13 de xuño, ata a noite do sábado 14 ao domingo 15, coincidindo co desenvolvemento principal das actividades ...

A Apehl promove unhas xornadas de sensibilación sobre a sostibilidade no sector hostaleiro

Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), en colaboración coa Xunta de Galicia e Hostalería e Turismo de Galicia —entidade da que forma parte a Apehl—, reafirmamos o noso compromiso coa sostibilidade no sector hostaleiro.

Convenio entre a Apehl e a Axencia de Turismo de Galicia

02.06.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo asinou un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia co fin de apoiar a estrutura e funcionamento da entidade durante o ano 2025.

Marida Maio pecha a súa segunda edición con cheo absoluto

30.05.2025. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este xoves a súa última sesión. A iniciativa, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu a máis de 40 asistentes, despois de ampliar novamente o aforo inicial do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.

A segunda xornada do Marida Maio ampliou o seu aforo ante a alta demanda

23.05.2025. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este xoves a súa segunda sesión, aínda con máis participación. A cita, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu a 40 asistentes, despois de ampliar o aforo inicial do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, debido ao interese xerado.

Éxito de participación no comezo da segunda edición do Marida Maio

16.05.2025. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, comezaron este xoves cunha grande acollida por parte do público. A iniciativa, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), cubriu por completo o aforo dispoñible do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte.

A Apehl organizará por segundo ano consecutivo o Marida Maio

02.05.2025. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) promove novamente as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de Marida Maio.

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo durante os festivos de Semana Santa superou o 80 %

21.04.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou os datos rexistrados da ocupación hoteleira na provincia durante a Semana Santa, cos que se alcanzou unha media do 81,25 % .