APEHL

Novas

A Apehl pide o cumprimento estrito dos horarios de peche a todos os establecementos de hostalería

08.06.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) lembran a todos os hostaleiros da provincia que deben cumprir estritamente cos horarios de peche dos establecementos.

"O mantemento das medidas flexibles para a ampliación das terrazas, que nos brindan os concellos, depende de todos nós e debemos ser responsables. Non podemos esquecer que seguimos en alerta sanitaria e temos que ser os primeiros en cumprir e facer cumprir aos nosos clientes coas normas básicas de ...

#SoyPatrimonio2020, una iniciativa para conseguir que bares y restaurantes sean declarados Patrimonio de la Humanidad

  • Máis de 150 chefs, músicos, deportistas, actores, xornalistas e artistas sumáronse xa á campaña
  • Pódese votar en www.soypatrimonio2020.org

08.06.2020. Hostelería de España, entidade á que pertence a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), AECOC e FIAB, organizacións que representan á cadea de valor da hostalería, puxeron en marcha a través da Plataforma Juntos por la Hostelería a campaña #SoyPatrimonio2020 na que postulan á hostalería de España como candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade 2020.

O ...

A normativa da Fase 3, no BOE

08.06.2020. Compartimos o BOE coa normativa para a Fase 3 que comezamos hoxe en Galicia.

BOE 6 de xuño de 2020

Formación gratuita para garantir unha hostalería segura

05.06.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon a disposición deo sector formación gratuita para unha hostalería segura.

A través da siguiente ligazón  https://www.covid-19hosteleria.es/ as empresas  traballadores poderanse inscribir aos distintos webinar sobre as distintas medidas para a reducción do contaxio po coronavirus SARS-COV2 no sector da hostalería.

Entre todos podemos dar confianza ao sector e á sociedade. 

Para máis información estamos á vosa disposición no teléfono 982.226 912 e no correo formacion@apehl.org.

A Apehl pon a disposición dos socios equipos de protección contra a covid-19

05.02.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) pon a disposición dos socios equipos de protección contra o contaxio da covid-19. 

As máscaras están confeccionadas con poliéster que provén de botellas recicladas de PET. Da marca Maskaeco, é unha máscara hixiénica ecosostenible e reutilizable para filtro certificado por laboratorio en eficacia de filtración bacteriana dun 90 % e de produción 100 % galega. Son lavables e o único que hai que facer é cambiar o ...

A Apehl denuncia que o Ministerio de Sanidade aposte polo botellón e a ilegalidade

Lamentamos que se discrimine a un sector que prioriza a seguridade dos seus clientes e traballadores nos seus plans de reapertura e poña en risco a subsistencia das empresas e dos postos de traballo. Así se aboca a un consumo sen ningún tipo de garantía, nin responsabilidade.

04.06.2020. As asociacións de hostalería integradas en Hostelería de España, entre elas a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), denuncian que a decisión do Ministerio de Sanidade de ...

A Apehl prepara a campaña Loc@s por volver... cunha mensaxe de agradecemento para os clientes

02.06.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguen traballando por e para o sector a pesar da etapa difícil pola que se está atravesando. Tras o éxito da campaña Abrimos as portas para..., co vídeo da canción El calor del amor en un bar de Gabinete Caligari, a Apehl prepara unha nova iniciativa coa que se quere agradecer aos clientes a súa confianza por volver aos locais de hostalería e activar de ...

Ampliación en Galicia da capacidade para consumo no interior dos locais do 40 % ao 50 %

01.06.2020. O DOG publica hoxe, 1 de xuño, o acordo polo que se permite a ampliación de capacidade para o consumo no local en establecementos de hostalería e restauración do 40 % ao 50 %:

No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o límite de capacidade dos establecementos de hostalería e restauración para consumo no local será do 50 %. Este acordo entra en vigor hoxe, 1 de xuño.

Igualmente é fundamental manter as medidas hixiénico sanitarias vixentes para garantir ...

O BOE publica a normativa da Fase 3, na que Galicia aínda non entrou

Compartimos as novidades publicadas polo BOE para a Fase 3 co fin de dar a coñecer o que xa empezaron a facer hoxe noutras comunidades. Galicia continúa aínda en Fase 2.

Fase 3:

  • En materia de hostalería e restauración permitirase o consumo en barra sempre que se garanta o mantemento da distancia de seguridade entre clientes ou, no seu caso, grupos de clientes, de dous metros. Deste xeito, establécese un réxime equivalente ao permitido para o consumo en ...

Os hostaleiros da provincia de Lugo trasladan ao Goberno as súas reivindicacións

  • Entregaron esta mañá un manifesto coas súas reivindicacións na sede da subdelegación do Goberno.
  • Reclaman maior certeza ao redor de distintas cuestións como a concreción de plans de promoción turística, maior claridade e transparencia para planificar as distintas fases da reapertura e a creación dunha mesa negociadora co sector hostaleiro e turístico para definir a flexibilización dos ERTE.

28.05.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), organización empresarial que representa aos restaurantes, bares, cafeterías, ...