APEHL

Novas

A Apehl amplía as súas peticións aos 67 Concellos da provincia de Lugo para que a volta á actividade dos establecementos de hostalería sexa viable

08.05.2020. "Vímonos na obriga de solicitar ao conxunto de Concellos da provincia de Lugo, a súa axuda e colaboración con diferentes medidas, que consideramos de vital importancia para poder subsistir en mellores condicións, cando a normalidade regrese á nosa sociedade", indica Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

Aínda que cada vez está máis preto a apertura dos negocios de hostalería, esta non será nas mesmas condicións de hai dous meses. Un ...

Hostelería de España lanza un sistema integral de acreditación de bares e restaurantes seguros

  • A iniciativa, dirixida a todos os locais de hostalería de ámbito nacional, ten como finalidade identificar os locais que aplican medidas específicas para previr o contaxio por Covid-19 e ofrecerlles un servizo completo de formación e asesoramento en materias de seguridade e reactivación dos seus negocios

07.05.2020. Hostelería de España, organización empresarial que representa aos restaurantes, bares, cafetarías e pubs do noso país e na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), ...

A cadea de valor da hostalería solicita ao Executivo colaboración para marcar conxuntamente os criterios de reapertura e reactivación do sector

• Os representantes de hostalería, fabricación e distribución e das industrias de alimentación e bebidas aseguran que o Goberno debería ter en conta as recomendacións de apertura segura do sector antes de anunciar as fases de reapertura

30.04.2020. A cadea de valor da hostalería lamenta que, a pesar dos seus intentos de colaboración, o Goberno presentase un plan de desescalada sen contar coa visión e recomendacións das principais organizacións do sector. No entanto, o sector reafírmase na súa vontade de ...

A Apehl advirte de que o proceso de desescalada debe acompañarse de varias medidas laborais, fiscais e sanitarias para evitar o peche dos establecemen

29.04.2020. Tras o avance por parte do presidente do Goberno, no día de onte, das fases da desescalada para a volta á `nova normalidade´ e a expensas de coñecer con detalle os contidos desa decisión e a súa repercusión, desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) mostramos o noso absoluto desacordo con estas medidas. Consideramos que son precipitadas, con falta de consenso do sector e con moitas incógnitas aínda por despexar.

Non entendemos este ...

Aberta a plataforma Abrindolugo.gal

24.04.2020. A plataforma Abrindolugo.gal, promovida polo Concello de Lugo en colaboración coa Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), é unha iniciativa de apoio aos negocios afectados polo peche derivado do estado de alarma por Covid-19 que se puxo en marcha esta mañá, desde as 11:00 horas.

Nesta web, abrindolugo.gal, poderanse comprar bonos canxeables en locais lucenses, cos cales os clientes recibirán un pequeno desconto e os negocios poderán obter ingresos ...

Lamentamos que o Goberno non regule a suspensión e acomodación dos alugueres dos locais ás circunstancias da crise sanitaria

  • Calcúlase que, de non atender ás reclamacións do sector, o 15% dos establecementos non poderá sobrevivir.

23.04.2020. Marcas de Restauración e Hostelería de España,  organización empresarial na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), lamentan que o Goberno siga ignorando a grave situación pola que atravesa o sector, cuxas reclamacións foron excluídas no Real Decreto-lei 15/2020 de medidas urxentes complementarias para apoiar a economía e o emprego, aprobado o 21 de abril. ...

A patronal dos hostaleiros ultima un distintivo acreditativo de “Hostelería segura” de cara á reapertura

  • A finalidade é ofrecer garantía aos clientes e traballadores de que os establecementos cumpren cunha serie de medidas en relación á limpeza do local, seguridade alimenticia e hixiene, saúde e hixiene xeral
  • O sector rexeita algunhas das propostas que se deron a coñecer nos últimos días por parte dalgúns empresarios hostaleiros, como a instalación de biombos separadores, posto que “supoñen un investimento inasumible para o sector e aínda non hai ningunha normativa establecida polo Ministerio de Sanidade”

23.04.2020. sHostelería de ...

OPINIÓN | Manuel Vázquez

A LOS QUE NOS ESCUCHAN

Hay gente que normalmente no visita bares, restaurantes, cafeterías, y todo ese universo que rodea a lo que llamamos hostelería.

Pero tengo que decir que en realidad son muy pocos quienes realmente no lo hacen, así como también son pocos los que no se benefician de ella (y no me refiero a los propios hosteleros ni a la cantidad de gente que “gira” alrededor de esta gran empresa, cada vez mayor y en especial en ...

A Apehl prepara a campaña Abrimos las puertas para... cunha mensaxe de esperanza e positivismo

22.04.2020. Desde a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) seguen traballando por e para o sector a pesar da etapa difícil pola que se está atravesando. Unha das iniciativas que están a preparar é a campaña Abrimos las puertas para..., que consistirá nun vídeo no cal os hostaleiros enviarán unha mensaxe chea de positividad e esperanza a través das webs e das redes sociais.

O presidente da Asociación, Cheché Real, destaca que “o noso labor ...

Os hostaleiros traballan na creación dun selo de garantía sanitaria

17.04.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), así como o resto de Asociacións do sector de hostalería do territorio nacional, en coordinación coa Confederación Empresarial de Hostelería de España (CEHE) e a Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT), traballa xa na creación dun selo de garantía sanitaria que certifique a seguridade dos seus traballadores, os seus visitantes e clientes.


A saída progresiva deste estado de alarma provocado polo coronavirus Covid-19 é agora ...