APEHL

Novas

Posponse o I Campeonato Oficial de Pinchos y Tapas de España

10.03.2020. Compartimos o comunicado de Hostelería de España, organizador do I Campeonato Oficial de Pinchos y Tapas de España, ante a necesidad de pospoñer a súa celebración.

Comunicado 

Vinte e cinco establecementos de trece comunidades competirán no I Campeonato Oficial de Tapas y Pinchos de España

04.02.2020. Vinte e cinco establecementos hostaleiros participarán no I Campeonato oficial de Tapas e Pinchos de España en representación de vinte e cinco asociacións e federacións provinciais de hostalería, no que rivalizarán por gañar o premio á Mellor Tapa/Petisco. 

A Apehl renova o convenio con Lucuscar con descontos para a compra de vehículos

03.03.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) renovou esta mañá o acordo de colaboración que mantiña con Lucuscar SL (Citroën) co obxectivo de garantir importantes descontos para os seus asociados na adquisición de vehículos desta marca durante o ano 2020. No convenio está incluída toda a rede de servizos oficiais de Citroën na provincia de Lugo e todos aqueles socios da Apehl que queiran beneficiarse deste convenio deberán acreditarse debidamente para poder facer uso do mesmo.

A Apehl, presente na I Cumbre Ibérica de Hostelería y Turismo

24.02.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, está presente na I Cumbre Ibérica de Hostelería que reúne hoxe a máximos representantes da hostalería e do turismo de España e Portugal para debater sobre posibles modelos de cooperación entre os sectores de ambos os territorios, así como analizar distintos casos de éxito nacionais e internacionais, coa finalidade de impulsar o desenvolvemento económico e social de ambos os países.

Presentado o Programa Integrado de Emprego da Apehl

24.02.2020. A sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acolleu esta mañá a presentación do Programa Integrado de Emprego que desenvolve esta Asociación dende o 15 de novembro de 2019 e durará ata o 14 de novembro deste ano. A través desta iniciativa contactarase con máis de 100 persoas demandantes de emprego de Lugo e de Monforte de Lemos.

 

Arranca o Estase Cocendo 2020 apadriñado polo monfortino Eduardo Iglesias

21.02.2020. O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu esta tarde o acto inaugural do Estase Cocendo 2020. Na presentación deste mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido, o protagonista foi o deportista monfortino Eduardo Iglesias, que finalizou a última edición do Dakar e foi nomeado compadre desta décimo segunda edición.

Ampliación de horario nos locais asociados á APEHL durante as festas de Entroido

21.02.2020. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta nas noites dos días 21, 22, 23 e 24 de febreiro, con motivo da celebración das festas de Entroido. 

Lienzo Monforte, primeiro restaurante galego en ser recoñecido por Hostelería #PorElClima

20.02.2020. Lienzo Monforte, primeiro restaurante galego, e cuarto de España, en ser recoñecido como caso de éxito da plataforma Hostelería #PorElClima polo seu compromiso coa sostenibilidade e as accións levadas a cabo para loitar contra o cambio climático. A iniciativa está impulsada por Ecodes e Coca Cola, co obxectivo de visibilizar aos hostaleiros comprometidos co medio, a contorna e a ecoeficiencia.

A Ribeira Sacra dedícalle un mes ao cocido de Entroido

17.02.2020. A delegación da Apehl na zona sur da provincia xa ten todo listo para a nova edición, a décimo segunda, das Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra, que darán comezo este sábado e se estenderán ata o vindeiro 22 de marzo. A presentación do evento terá lugar este venres no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, a partir das 18.30 horas. O acto contará coa presenza do deportista monfortino Eduardo Iglesias, que rematou o último Dakar, e que será nomeado Compadre do Estase Cocendo 2020.