APEHL

Novas

Lugo acolle o Congreso …E para comer, Lugo no Camiño

08.02.2020. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) celebra mañá 8 de febreiro de 2020 o Congreso …E para comer, Lugo no Camiño, centrado na cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. O encontro terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

Aberto o prazo de inscrición para o taller de cociña para nenos do Congreso …E para comer, Lugo no Camiño

30.01.2020. As prazas para participar no taller de cociña para nenos que terá lugar no Congreso Gastronómico Cultural ...E para comer, Lugo no Camiño son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto. O curso terá lugar o vindeiro 8 de febreiro e será impartido por Martín Mantilla.

Aberto o prazo para a solicitude de acreditacións de competencias profesionais

27.01.2020. A Xunta de Galicia convoca a través da Orde do 29 de novembro de 2019 o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

Presentado en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica "... E para comer, Lugo"

22.01.2020. O acto tivo lugar no stand de Galicia en Fitur, onde o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; a edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro; a delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.

Arrancan as xornadas …E para comer, Lugo no Camiño en 50 establecementos da provincia

17.01.2020. Como adianto ao Congreso …E para comer, Lugo no Camiño, que terá lugar o vindeiro 8 de febreiro de 2020 no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), arrancan as xornadas gastronómicas …E para comer, Lugo no Camiño nun total de 50 establecementos da provincia.

A Apehl presentará a XIII guía ...E para comer, Lugo o vindeiro mércores en Fitur

16.01.2020. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, dará a coñecer o vindeiro mércores na Feira Internacional de Turismo de Madrid un novo volume, o décimo terceiro, da guía turístico-gastronómica da provincia de Lugo …E para comer, Lugo.

No acto, que terá lugar a partir das 15:00 horas no stand de Galicia en Fitur, Real presentará a publicación titulada Lugo, mucho por descubrir. Unha nova guía que, nesta ocasión, mostra ...

Comunicado ante a interrupción do AVE León Madrid

13.01.2020. As Asociacións de Hostalería e Turismo de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, que forman a plataforma empresarial denominada “La Fuerza del Norte” reclamamos ao novo Goberno unha política activa no desenvolvemento das infraestruturas ferroviarias que permitan a chegada no menor tempo posible do AVE ao Norte de España.

A recente confusión sobre a continuidade ou non do AVE a León desde Madrid, tras a supresión da venda de billetes a partir do 20 de xaneiro, activou todas as ...

A Apehl reúnese coa subdelegada do Goberno para tratar os roubos nos establecementos

7.1.2020. Representantes da xunta directiva da Asociación Provincial de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e socios da mesma, entre eles Daniel Romay, Jesús Díaz, Nardo Eiroa, José Manuel Cela, vicepresidente da Asociación, e o seu presidente, Cheché Real, mantiveron esta mañá unha reunión coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, para trasladarlle a súa inquietude ante os roubos acontecidos nos últimos tempos en diferentes establecementos da provincia.

Dende a Apehl manifestaron a súa preocupación ante tales feitos, pois ...

Ampliación de horario para a véspera e a noite de Reis

03.01.2020. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza: ampliación dunha hora sobre o horario de peche habitual (de acordo á respectiva licenza municipal) nos establecementos membros da APEHL de todos os concellos da provincia de Lugo –a excepción dos pertencentes a Burela e Muras– para a noite do 4 ao 5 de xaneiro, debido á celebración da véspera da noite de Reis.

Ampliación de horario para Fin de Ano nos locais asociados á APEHL

30.12.2019. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación de tres horas sobre o horario de peche habitual nos establecementos asociados á mesma no transcurso da noite do 31/12/2019 e a madrugada do 01/01/2020. En todo caso, o horario máximo de peche dos locais non poderá superar as 08.00 horas da mañá do 1 de xaneiro.