APEHL

Novas

Ampliación de horario para Fin de Ano nos locais asociados á APEHL

30.12.2019. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación de tres horas sobre o horario de peche habitual nos establecementos asociados á mesma no transcurso da noite do 31/12/2019 e a madrugada do 01/01/2020. En todo caso, o horario máximo de peche dos locais non poderá superar as 08.00 horas da mañá do 1 de xaneiro.

Ampliación de horario durante o Nadal nos locais asociados á Apehl

23.12.2019. A Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma as noites do martes 24 de decembro ao mércores 25, do venres 27 ao sábado 28 e do sábado 28 ao domingo 29 de decembro, con motivo da celebración das festas de Nadal.

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo rondou o 80% durante esta ponte

09.12.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 80,8 % de ocupación. Os datos, que consideran as pernoctacións de xoves, venres e sábado, fan incrementar a liña ascendente de negocio que houbo neste período en anos anteriores, pois a media de 2018 chegara ao 70 %.

A hostalería de Galicia facturou máis de 4.700 millóns de euros e representou un 4,5 % de la riqueza rexional en 2018

O sector hostaleiro en Galicia rexistrou o ano pasado máis de 21.000 establecementos, os cales empregaron a 66.825 persoas e cuxo 90,7 % corresponde ao subsector da restauración. Este conxunto empresarial pechou o ano na rexión cunha facturación de 4.768 millóns de euros, o que representa o 4,5 % da riqueza rexional.

Ampliación de horario nos locais asociados á APEHL durante a ponte da Constitución

04.12.2019. A Xefatura Territorial da Xunta en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados a esta nas noites do xoves 5 de decembro ao venres 6 de decembro, do venres 6 ao sábado 7, e do sábado 7 ao domingo 8, con motivo da celebración da ponte da Constitución.  A autorización poderá aplicarse en todos os concellos da provincia, agás no Concello de Friol.

Hostelería de España e Cerveceros de España crean COMPETUR para impulsar a competitividade do turismo en España

28.11.2019. No día de onte asinouse un acordo de colaboración entre Hostelería de España, entidade da que Apehl forma parte, e Cerveceiros de España  para impulsar COMPETUR como unha plataforma de ideas e propostas que melloren a competitividade do noso sector. Trátase dun acordo interno de colaboración entre ambas as organizacións e que conta co respaldo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O acto de firma do acordo formalizouse na sede do Ministerio en Madrid e en presenza da ministra, Reyes Maroto.

O noso socio Cafetería Santa Ana, premio á Mellor Maridaxe no Chantapas 2019

 

21.11.2019. Coñecemos os gañadores do concurso de tapas de Chantada, Chantapas 2019. O xurado deu a vitoria ao Mesón Lucus. A mellor tapa vegana foi para Larpeiriña; a mellor tapa clásica, para Mesón Lucus, e a mellor maridaxe para Cafetaría Santa Ana.

Comunicado: Viviendas de Uso Turístico

20.11.2019. En relación a la sentencia del Supremo que anula los artículos 4.2 y 5.1 del decreto autonómico de ordenación de apartamentos turísticos, viviendas turísticas y viviendas de uso turístico en la Comunidad Autónoma de Galicia, y ante el recurso presentado por la Xunta y la enmienda presentada en la Lei do Turismo de Galicia para blindar el veto para el alquiler por habitaciones de las viviendas de uso turístico, desde La Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo ...

O Mesón de Alberto de Lugo, Premio Nacional de Hostalería á empresa hostaleira

14.11.2019. Hostelería de España entregou onte á noite os Premios Nacionais de Hostalería 2019; uns galardóns que, pola súa traxectoria e por estar concedidos polos empresarios do propio sector, atópanse entre os máis reputados da industria. Tras a candidatura presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), o lucense Mesón de Alberto foi recoñecido na categoría de empresa hostaleira.