APEHL

Novas

Marida Maio pecha a súa segunda edición con cheo absoluto

30.05.2025. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este xoves a súa última sesión. A iniciativa, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu a máis de 40 asistentes, despois de ampliar novamente o aforo inicial do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.

A segunda xornada do Marida Maio ampliou o seu aforo ante a alta demanda

23.05.2025. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este xoves a súa segunda sesión, aínda con máis participación. A cita, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), reuniu a 40 asistentes, despois de ampliar o aforo inicial do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos, debido ao interese xerado.

Éxito de participación no comezo da segunda edición do Marida Maio

16.05.2025. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, comezaron este xoves cunha grande acollida por parte do público. A iniciativa, impulsada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), cubriu por completo o aforo dispoñible do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte.

A Apehl organizará por segundo ano consecutivo o Marida Maio

02.05.2025. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) promove novamente as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de Marida Maio.

A ocupación hoteleira na provincia de Lugo durante os festivos de Semana Santa superou o 80 %

21.04.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou os datos rexistrados da ocupación hoteleira na provincia durante a Semana Santa, cos que se alcanzou unha media do 81,25 % .

A Apehl e Otea organizan unha videoconferencia explicativa sobre a plataforma Ses.Hospedajes

08.04.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e a Asociación de Hostelería e Turismo en Asturias (Otea) organizan unha videoconferencia explicativa do procedemento de alta na plataforma Ses.Hospedajes para aqueles establecementos asociados. 

O ICTES, en colaboración coa Apehl, organiza unha xornada sobre Sostibilidade Turística

07.04.2025. O Instituto para la Calidad Turística Española y la Sostenibilidad (ICTES), da man da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (Apehl), promoven unha xornada formativa en liña sobre Sostibilidade Turística a través da aplicación Zoom. 

As xornadas de dixitalización aplicada á hostalería comezaron este luns en Monforte

01.04.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), xunto con Estudios Rafer, promove o programa ‘Generación Digital Pymes: Personas de equipos directivos y cualificación de personas empleadas en Pymes’. A formación divídese entre sesións presenciais no Centro do Viño, situado no número 6 da Rúa do Comercio, e charlas a través da aula virtual.

A Gala Provincial da Hostalería Lucense convocou aos hostaleiros en Viveiro

31.02.2025. O encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), volveu celebrarse esta noite no Restaurante Louzao de Viveiro.

Elixida a nova directiva da Apehl con Cheché Real como presidente

21.03.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Apehl, celebrou onte a asamblea xeral e asamblea electoral na que se elexiría a totalidade dos cargos da Xunta Directiva.