APEHL

Novas

Publicado o Convenio Colectivo de Hostalería no BOP

04.10.2019. O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou o novo Convenio Colectivo de Hostalería que terá vixencia ata o 31 de decembro de 2020.

Consulta o convenio

Ampliación de horario nos locais asociados á Apehl debido aos festexos do San Froilán

03.10.2019. A Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos asociados á mesma do Concello de Lugo desde a noite do 4 ao 5 de outubro ata a noite do 12 ao 13 con motivo da celebración das festas patronais do San Froilán.

A Xunta de Galicia premia o labor do Hotel Méndez Núñez no Día Mundial do Turismo

27.09.2019. Os traballadores do Hotel Méndez Núñez foron galardoados pola Xunta de Galicia no Día Mundial do Turismo, que este ano está dedicado ao turismo e emprego. O galardón foilles concedido polo seu labor como “motor do desenvolvemento turístico”, facéndoo extensivo a todo o sector. Ao acto acudiron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; a xefa da área Provincial de Turismo de Lugo, Paloma Vázquez, e Jacobo García-Bobadilla Prósper, en representación dos empregados do establecemento premiado.

Encontro do xurado do XV Concurso de Tapas de Lugo coa concelleira de Turismo na torre da Mosqueira

26.09.2019. O pé da emblemática torre da Mosqueira da muralla lucense será o punto de encontro entre os profesionais encargados de valorar as 12 tapas finalistas e Maite Ferreiro, a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, previsto para mañá venres 27 de setembro ás 19:30 h. O acto será o pistoletazo de saída da final desta edición.

A Apehl recibe un dos Premios HGg&T na XVII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

26.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) recolleu onte un dos Premios HGg&T entregados na XVII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que tivo lugar no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

O XV Concurso de Tapas de Lugo dá a coñecer os 12 finalistas

24.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo: A Laxa, Arrocería Os Cachivaches, Restaurante Campos, Casa d’Auga, Casa Paco, El Boni Parrillada, La Cosechera, Mesón Colón, Mesón Pulpería O Castelo, O Cincuenta e Seis, Paprica e Vermutería o Miño Therapy.

O Porco Celta, os grelos, a pataca e o mel, protagonistas das Exaltacións Gastronómicas de setembro

18.09.2019. O vicepresidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), José Manuel Cela Rodríguez, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaron esta mañá no Pazo de San Marcos a seguinte xornada das Exaltacións Gastronómicas. No acto tamén participaron representantes de Asoporcel, das IXP Grelos de Galicia, Pataca de Galicia e Mel de Galicia, e de Afapán.

Ampliación de horario nos locais de Lugo asociados á Apehl durante o Caudal Fest

16.09.2019. A Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos do concello de Lugo asociados a esta nas noites do 19 ao 20, do 20 ao 21 e do 21 ao 22 de setembro, con motivo da celebración do festival Caudal Fest.

A Apehl e a empresa de informática Reigada firman un convenio de servizos e descontos para os asociados

12.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) asinou un acordo de colaboración con Reigada IPR co obxectivo de garantir para os seus socios a posibilidade de poder participar nunha aplicación móbil na que se pode visualizar toda a oferta gastronómica diaria, promocións, eventos… de todos os locais hostaleiros de diferentes zonas da provincia de Lugo dunha forma rápida e sinxela.

Arrinca o XV Concurso de Tapas de Lugo

05.09.2019. A concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, inauguraron simbolicamente esta mañá no Mesón Colón a décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo, que arrincará de maneira oficial mañá venres.