APEHL

Novas

O XV Concurso de Tapas de Lugo dá a coñecer os 12 finalistas

24.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo: A Laxa, Arrocería Os Cachivaches, Restaurante Campos, Casa d’Auga, Casa Paco, El Boni Parrillada, La Cosechera, Mesón Colón, Mesón Pulpería O Castelo, O Cincuenta e Seis, Paprica e Vermutería o Miño Therapy.

O Porco Celta, os grelos, a pataca e o mel, protagonistas das Exaltacións Gastronómicas de setembro

18.09.2019. O vicepresidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), José Manuel Cela Rodríguez, e a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentaron esta mañá no Pazo de San Marcos a seguinte xornada das Exaltacións Gastronómicas. No acto tamén participaron representantes de Asoporcel, das IXP Grelos de Galicia, Pataca de Galicia e Mel de Galicia, e de Afapán.

Ampliación de horario nos locais de Lugo asociados á Apehl durante o Caudal Fest

16.09.2019. A Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, en resposta á solicitude presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), autoriza a ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos do concello de Lugo asociados a esta nas noites do 19 ao 20, do 20 ao 21 e do 21 ao 22 de setembro, con motivo da celebración do festival Caudal Fest.

A Apehl e a empresa de informática Reigada firman un convenio de servizos e descontos para os asociados

12.09.2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) asinou un acordo de colaboración con Reigada IPR co obxectivo de garantir para os seus socios a posibilidade de poder participar nunha aplicación móbil na que se pode visualizar toda a oferta gastronómica diaria, promocións, eventos… de todos os locais hostaleiros de diferentes zonas da provincia de Lugo dunha forma rápida e sinxela.

Arrinca o XV Concurso de Tapas de Lugo

05.09.2019. A concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, inauguraron simbolicamente esta mañá no Mesón Colón a décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo, que arrincará de maneira oficial mañá venres.