24.02.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está levando a cabo un ano máis, co financiamento da Xunta de Galicia, un programa integrado de emprego no que se terá contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego de Lugo e Monforte de Lemos, co fin de buscar un 45 %, como mínimo, de insercións laborais.
A concelleira Maite Ferreiro encabezou un encontro co autor da segunda mellor Tapa/Pincho de España.
28.01.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) rozou o título de Mellor Tapa/Pincho de España na gran final do III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos, que organizou Hostelería de España no marco do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión.
27.01.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acaba de ser seleccionada como finalista do III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos, que organiza Hostelería de España durante a celebración do Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión, que se está a celebrar esta semana en Madrid.
24.01.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) estará representada no III Campionato Oficial Hostelería de España-Tapas e Pinchos, que organiza Hostelería de España, por José Luis Pardo, do restaurante Orixe do Campo.
22.01.2025. O acto celebrouse no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se está celebrando en Madrid, onde o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estivo acompañado por Mauricio Repetto, concelleiro da área de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo; José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, e Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo, quen disculpou o retraso da conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, que non puido finalmente participar no acto por un contratempo no voo no que viaxou desde Galicia.
20.01.2025. Este mércores, 22 de xaneiro, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, dará a coñecer unha nova edición da colección de guías turístico-gastronómicas da provincia de Lugo …E para comer, Lugo na Feira Internacional de Turismo de Madrid por décimo sétimo ano consecutivo.
09.12.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 77,1 %.
El jurado profesional repartió los galardones entre Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Orixe do Campo, Paprica, Pulpería O Castelo y Santeiro´s Terraza.
27.11.2024. A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT), na que está integrada a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), emprenderá accións legais contra o Real Decreto 933/2021 sobre o Rexistro de Viaxeiros, cuxa entrada en vigor está prevista para o próximo 2 de decembro, polo impacto negativo que esta normativa supón para o sector hoteleiro e os propios viaxeiros.