APEHL

Novas

A Apehl clausura en Vilalba o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo coa entrega de diplomas

26.11.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo fixo esta mañá a entrega de diplomas para os participantes que asistiron ao curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, patrocinado pola Deputación de Lugo, que nesta edición tivo lugar na Casa da Cultura de Vilalba.

Coñecemos os 12 finalistas do XIX Concurso de Tapas de Lugo elixidos polo público

26.11.2024. Tras facer o reconto dos votos emitidos polo público, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, desvela os doce establecementos finalistas da décimo novena edición do Concurso de Tapas de Lugo.

Nova edición do evento gastronómico Saborea e Canta o Outono este venres en Monforte

19.11.2024. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) organiza novamente a xornada culinaria e festiva Saborea e Canta o Outono. A celebración terá lugar este venres 22 de novembro na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.

Monforte celebra unha nova edición do evento gastronómico Saborea e Canta o Outono

15.11.2024. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) organiza novamente a xornada culinaria e festiva Saborea e Canta o Outono. A celebración terá lugar o próximo venres 22 de novembro na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.

Posta en marcha do XIX Concurso de Tapas de Lugo

08.11.2023. José Manuel Cela, vicepresidente da Asociación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, foron os encargados de inaugurar esta mañá en El Boni á décimo novena edición do Concurso de Tapas de Lugo. Desenvolverase ao longo de máis de dúas semanas, ata o 24 de novembro. Posteriormente, na última fin de semana do mes, terá lugar a final (29 e 30 de novembro).

Hostelería de España, confederación da que forma parte a Apehl, pon en marcha varias medidas de apoio á hostalería afectada pola DANA

05.11.2024. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, asistiu onte a unha reunión do comité executivo de Hostelería de España, do cal forma parte, na que se acordou poñer en marcha varias medidas de axuda para as zonas afectadas pola DANA.

A Xunta e o sector da hostalería revisan os avances da taxa turística que será xestionada polos concellos que a apliquen voluntariamente

31.10.2024. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse hoxe cunha representación do sector da hostalería para abordar o proxecto de lei que regula o imposto sobre estancias turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia, que se avanza nos seus trámites. No encontro informouse do documento levado á Lei de Medidas dos Orzamentos para 2025 que recolle a habilitación normativa para crear a taxa turística que pide o Concello de Santiago.

O XIX Concurso de Tapas de Lugo preséntase con máis propostas gastronómicas

O certame terá lugar do 8 ao 24 de novembro e a gran final celebrarase unha semana máis tarde, os días 29 e 30. 

Vilalba acollerá o Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo 2024

21.10.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que será impartido polo Instituto Galego do Viño, cuxo director é Xoán Cannas. O curso terá lugar os días 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de novembro en Vilalba.

A Apehl acollerá na súa sede de Lugo a presentación da iniciativa de Diaconía #LaHosteleríaDesactivaLaTrata

11.10.2024. O vindeiro xoves 17 de outubro, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acollerá nos seus locais a representantes da ONG Diaconía, que informarán os asistentes sobre como poder axudar a evitar a trata de persoas.