APEHL

Novas

Xornada informativa de Apehl e Afigal sobre financiamento de proxectos

21.06.2024. O próximo xoves, 27 de xuño, ás 11:00 horas, os locais de Apehl, en Lugo, (C/Ramón Montenegro, 15-entlo), contarán cun representante da empresa Afigal que informará a todos os interesados sobre os tipos de operacións que poden avalar.

Os hostaleiros de Lugo califican o Arde Lucus como festa de referencia no inicio da temporada estival

17.06.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na cidade de Lugo durante esta fin de semana de Arde Lucus, Festa de Interese Turístico Internacional, así como valoración de participación.

Publicadas no BOP as bases dos galardóns Lugo Cambia ao Turismo Lucense, ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense e Turismo Sostible

O BOP nº 128 publica as bases dos galardóns para as diferentes categorías dos premios Lugo Cambia ao Turismo Lucense, ...E para comer, Lugo á Gastronomía Lucense e Turismo Sostible. As candidaturas poden presentarse a través da sede electrónica ata o 5 de xullo.

Networking entre empresarios e usuarios do programa integrado de emprego posto en marcha pola Apehl

05.06.2024. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) está a levar a cabo un ano máis, co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración e Industria da Xunta de Galicia, un programa integrado de emprego no que se terá contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego tanto do concello de Lugo como do de Monforte de Lemos, co fin de buscar un 45 %, como mínimo, de insercións laborais.

Finaliza o Marida Maio con resultados satisfactorios e cheo total

31.05.2024. As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, remataron onte co último dos tres encontros organizados. O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu este evento, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo.

Celebrada con éxito a segunda xornada do Marida Maio

24.05.2024. Durante a tarde de onte, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu a segunda xornada do Marida Maio, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo

Presentadas as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de Marida Maio

16.05.2024. O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu esta tarde o acto inaugural do Marida Maio, evento organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e patrocinado pola Deputación de Lugo. Hoxe tivo lugar a primeira das tres xornadas; as seguintes desenvolveranse o xoves 23 e o xoves 30.

A Apehl presenta Marida Maio, as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) organiza este mes as xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra co nome de Marida Maio. Son presentacións dos viños das bodegas participantes xunto cos pinchos dos establecementos hostaleiros; tamén se unen empresas turísticas para dar a coñecer os seus servizos.

A Apehl e Afigal alíanse para facilitar o acceso ao crédito dos empresarios do sector

02.05.2024. Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) e de Hostelería de Galicia, e Pilar Núñez, vicepresidenta primeira de Afigal, asinaron esta mañá un convenio para apoiar os empresarios do sector conscientes da importante contribución que este colectivo aporta á economía do país.

A Gala Provincial da Hostalería Lucense reuniu aos hostaleiros na capital da provincia

15.04.2024. O encontro anual dos profesionais da hostalería da provincia de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), volveu celebrarse esta noite no hotel Méndez Núñez de Lugo.