04.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acaba de anunciar no día de hoxe que abrirá o prazo de inscricións para todos aqueles establecementos que queiran participar na vixésimo primeira edición do Concurso de Tapas de Lugo o vindeiro luns 7 de setembro.
O certame, organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo, celebrarase no mes de novembro, entre os días 6 e 22, e a gran final terá lugar os días 27, 28 e 29.
O presidente da Apehl, Cheché Real, adiantou que a partir do luns, día 7 de setembro, se abre o prazo de inscricións e que estará aberto ata o día 21 de setembro, incluido.
Real indicou que todos aqueles interesados en participar e inscribirse deberán facelo a través do espazo habilitado na web apehl.es.