02.09.2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) anunciou no día de hoxe que mañá abre o prazo de inscricións para todos aqueles establecementos que queiran participar na vixésima edición do Concurso de Tapas de Lugo.
O certame, organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo, celebrarase no mes de novembro, entre os días 7 e 23, e a gran final terá lugar os días 28, 29 e 30.
O presidente da Apehl, Cheché Real, adiantou que a partir de mañá, día 3 de setembro, se abre o prazo de inscricións e que estará aberto ata o día 17 de setembro.
Real indicou que todos aqueles interesados en participar e inscribirse deberán poñerse en contacto coa Apehl a través do teléfono 982 22 69 12 ou do correo comunicacion@apehl.org. Será o persoal da Asociación o que lles facilite as bases do concurso e lles explique todos os requisitos para a presentación das inscricións.