06.11.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, vai levar a cabo un ano máis o Programa Integrado de Emprego de Galicia para o ano 2026-2027, no que hai que ter contacto con máis de 100 persoas demandantes de emprego, co obxectivo dun mínimo do 45 % de inserción laboral.
O programa desenvolve as seguintes accións:
- Información, orientación e asesoramento
- Formación transversal en idiomas, competencias dixitais para o emprego, prevención de riscos, relacións laborais e habilidades sociais
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego
- Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevistas
- Fomento da capacidade emprendedora
- Prospección empresarial
- Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
- Formación para o emprego dentro do Catálogo de Especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal, por exemplo:
Modalidade presencial:
1.- ADGG057P Ofimática: aplicacións informáticas de xestión
2.- COMT106PO Comunicación e atención ao usuario en situacións difíciles, 70 h
3.- ADGG040PO Internet, redes sociais e dispositivos dixitais, 30 h
Modalidade de teleformación:
1.- COMT004PO Fundamentos de atención ao cliente, 35 h
2.- HOTR032PO Elaboración de pratos combinados, 60 h
- Prácticas profesionais non laborais en empresas
- Talleres sobre mobilidade laboral
- Medidas de innovación tecnolóxicas
Poderás participar neste programa se formas parte dos seguintes colectivos:
Se queres participar neste proxecto, ponte en contacto ca Asociación no 982 226 912.
A ASOC. PROV. DE EMPRESARIOS DE HOSTALERÍA E TURISMO DE LUGO trata a información que nos facilita coa finalidade de posibilitar a adecuada participación na acción formativa; así como a súa xestión administrativa e contable, baseándose na execución do encargo ou contrato. Vostede pode exercer os seus dereitos en calquera momento, solicitándoo en R/ RAMÓN MONTENEGRO, 15 - ENTLO 27002 LUGO (Lugo). Consulte a información adicional solicitando o Anexo de Privacidade.