APEHL

Novas

Inscricións abertas para participar no Curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo 2026

29.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que será impartido polo Instituto Galego do Viño, cuxo director é Xoán Cannas.

A ocupación roza o cheo en Lugo durante esta fin de semana de Caudal Fest

26.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fai un balance moi positivo da ocupación rexistrada na cidade esta fin de semana con motivo da celebración do Caudal Fest. Segundo os datos recompilados pola asociación entre os establecementos de aloxamento, a ocupación media durante os días 18 e 19 de setembro situouse no 92,75 %.

A Apehl lembra que o prazo de inscrición para o XXI Concurso de Tapas de Lugo remata o vindeiro luns

15.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) lembra que o prazo de inscrición para participar na vixésimo primeira edición do Concurso de Tapas de Lugo permanecerá aberto ata o vindeiro luns, 21 de setembro, incluído.

O posto ...E para comer, Lugo completa o seu percorrido por La Vuelta 2026 tras 21 etapas promocionando a provincia

A iniciativa da Apehl, apoiada pola Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, volveu converter unha das principais probas ciclistas do calendario nun escaparate da gastronomía e dos atractivos turísticos lucenses.

A Apehl abre o vindeiro luns o prazo de inscricións para participar no XXI Concurso de Tapas de Lugo

04.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) acaba de anunciar no día de hoxe que abrirá o prazo de inscricións para todos aqueles establecementos que queiran participar na vixésimo primeira edición do Concurso de Tapas de Lugo o vindeiro luns 7 de setembro.

O posto ...E para comer, Lugo chega ao ecuador da Vuelta 2026 promocionando a provincia

02.09.2026. O posto …E para comer, Lugo alcanza estes días o ecuador do seu percorrido con La Vuelta Ciclista a España 2026, na que, por décimo cuarto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) promociona, co apoio da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, a provincia de Lugo e as súas riquezas gastronómicas e turísticas.

O posto ...E para comer, Lugo, preparado en Mónaco para a súa presenza na Vuelta 2026

21.08.2026. O equipo de …E para comer, Lugo está listo para o comezo da Vuelta Ciclista a España 2026 este sábado, 22 de agosto, na cidade de Mónaco. Por décimo cuarto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) promocionará, co apoio da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia, a provincia de Lugo no marco do evento deportivo, que se converterá nun escaparate inigualable das riquezas gastronómica e turística lucenses.

O posto …E para comer, Lugo volve estar presente en La Vuelta 2026 como embaixador gastronómico provincial

29.07.2025. A Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo foi o escenario elixido para anunciar, este mediodía, que o posto …E para comer, Lugo estará un ano máis presente en La Vuelta Ciclista a España 2026. A provincia de Lugo promocionarase en todo o territorio español por décimo cuarta vez consecutiva a través desta iniciativa impulsada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

A Apehl clausura o Marida Maio 2026 completando aforo no Centro do Viño de Monforte

29.05.2026. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería  e Turismo de Lugo (Apehl) vén de clausurar a terceira edición do evento enogastroturístico Marida Maio, patrocinado pola Deputación de Lugo. Este xoves, 28 de maio, o Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu o encontro que completou o aforo.

Apehl mantén aforo completo na segunda xornada do Marida Maio de 2026

22.05.2026. A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) vén de celebrar a segunda xornada enogastroturística da terceira edición do Marida Maio, evento patrocinado pola Deputación de Lugo. A continuación da festa primaveral tivo lugar este xoves, 21 de maio, no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos e contou co aforo completo con días de antelación. O encontro que pechará este ciclo, previsto para o 28 de maio, tamén ten xa o aforo completo.