APEHL

Última fin de semana do XXI Concurso de Tapas de Lugo

• Este domingo 22 de novembro rematará o certame, no que participan un total de 37 establecementos da cidade.

• O público aínda pode decidir cos seus votos cales serán as 12 tapas finalistas que pasarán á gran final, prevista para os días 27, 28 e 29 de novembro.

19.11.2026. O XXI Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (apehl), co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Estrella Galicia, Cabreiroá e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), chega á súa recta final e rematará o vindeiro domingo 22 de novembro.

Durante estes últimos días, o público aínda pode degustar as propostas gastronómicas dos 37 establecementos participantes e votar polas súas tapas favoritas, que optarán a pasar á fase final do certame.

FUNCIONAMENTO DO CONCURSO

As tapas estarán dispoñibles para o público ata o domingo 22 de novembro, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h e de 20:00 a 22:30 h, tendo en conta os días de peche de cada establecemento.

Os consumidores maiores de 18 anos poden valorar as tapas mediante un cupón de votación individual, que deberá estar cuberto cos seus datos e selado polo establecemento correspondente. A puntuación irá do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5 a máis alta. Todos os cupóns válidos entrarán, ademais, no sorteo de distintos premios.

Así mesmo, os establecementos seguirán tendo á disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que poderán ir selando a medida que percorran os locais participantes. Quen consiga un mínimo de 12 selos entrará no sorteo dunha escapada gastro-relax para dúas persoas no Spa Arzuaga, en Ribera del Duero, mentres que aqueles que reúnan polo menos 25 selos poderán optar a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Roma.

GALARDÓNS ÁS MELLORES TAPAS

As 12 tapas máis votadas polos consumidores serán as que pasen á gran final do concurso. O reconto dos votos realizarase o luns 23 de novembro, unha vez rematada a fase de participación popular.

Durante os días 27, 28 e 29 de novembro celebrarase a gran final, na que os establecementos finalistas volverán ofrecer as súas creacións culinarias ao público.

Pola súa banda, un xurado técnico será o encargado de outorgar o primeiro, segundo e terceiro premio, así como os recoñecementos á mellor maridaxe con Estrella Galicia e á mellor maridaxe con Ribeira Sacra.

SORTEO EN INSTAGRAM

A Apehl tamén mantén activo o sorteo organizado a través da súa conta de Instagram @eparacomerlugo, no que se poderá conseguir unha noite para dúas persoas no Hotel O Semáforo, en Fisterra (A Coruña).

Para participar é necesario seguir a conta de Instagram @eparacomerlugo, subir a stories unha fotografía dalgunha das tapas participantes etiquetando a @eparacomerlugo e utilizando o hashtag #concursotapaslugo, e comentar a publicación do sorteo mencionando unha persoa coa que se queira compartir a estancia.

O prazo de participación permanecerá aberto ata o domingo 22 de novembro, incluído, e a persoa gañadora anunciarase o luns 23 de novembro.

LISTADO DE PARTICIPANTES

Os 37 establecementos que participan nesta edición do Concurso de Tapas de Lugo son os seguintes:

  1. 3 Pés
  2. Anda
  3. Ave César
  4. Bulló Xantar
  5. Calibre 2.7
  6. Coco's Bar
  7. Desnivel Tapas e Copas
  8. Eduri
  9. El Dotmas Bar
  10. Facela Bar
  11. Galo
  12. Glam Taoo Hotel Apartamento Boutique
  13. Gran Café - Eurostars Gran Hotel Lugo
  14. Hotel Mercure Lugo
  15. Irmandiños
  16. Karrusel
  17. La Competencia
  18. La Cosechera de 1977
  19. La Pepita Lugo
  20. La Perdiz
  21. La Terraza del Méndez
  22. Las Cinco Vigas
  23. Malizzia Street Food
  24. Mesón El Castillo
  25. O Castor
  26. O Cincuenta e Seis
  27. O Figón
  28. O Mercado
  29. Orixe do Campo
  30. Paprica
  31. Prebe by Bret
  32. Pulpería O Castelo
  33. Taberna Terra
  34. Tapería O Peque
  35. The Real Coffee
  36. Toni Portela
  37. Tosar by Boni

Toda a información sobre os establecementos participantes, as tapas, os horarios, o desenvolvemento do certame e os premios está dispoñible na web xantardetapas.com.