Prazo de solicitud
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Descargar documentaciónCódigo de procedemento: TR342C
Descargar documentaciónData inicio de solicitude: 11/02/2026
Descargar documentaciónAxudas para apoiar a conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolven a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a contratación dunha persoa traballadora para apoio no negocio durante o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, a contratación dunha persoa traballadora para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia ou mediante o apoio nos custos dos centros e/ou servizos para o coidado de menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia. (TR341R).
Descargar documentaciónAxudas para evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente, apoiando o cambio motivado pola xubilación, pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio ou por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte. (TR353D).
Descargar documentaciónAxudas dirixidas ás persoas autónomas xa consolidadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para impulsar a mellora da competitividade dos seus negocios mediante distintos tipos de investimentos relacionados directamente con eles. (TR341Q).
Descargar documentaciónAxudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e volven emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma, facilitando a volta á actividade económica a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver a emprender, no mesmo ou diferente sector, a través do bono nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio. (TR790A).
Descargar documentaciónAxudas para apoiar a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da actividade laboral como persoa traballadora autónoma e para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses ou a 24 meses da contía da cota reducida á Seguridade Social. (TR341D).
Descargar documentaciónPrazo de presentación
Desde o 20/01/2026 ata o 19/02/2026