APEHL

TU503A. Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración

Código de procedemento TU503A.

Obxecto

Teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

  1. Os establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos,
  2. Os restaurantes incluídos no grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, debidamente rexistrados e clasificados no REAT.
  3. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Beneficiarios

As persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.

Prazo de solicitud

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

 

Descargar documentación