APEHL

TR342C. Programa de incentivos á contratación por conta allea

Código de procedemento: TR342C

DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026.

As axudas teñen por obxecto favorecer a contratación por conta allea de persoas desempregadas na empresa común e entidades sen ánimo de lucro, e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como a formación destas persoas no ámbito empresarial. Incentivará a contratación por conta allea dos seguintes colectivos vulnerables:

A. Persoa nova: 6.000 €

B. Muller vítima de violencia de xénero; vítima de trata de seres humanos; muller con fillo/s menor/es de 3 anos despedida/s de longa duración ou inactiva nos últimos 3 anos: 10.000 €

C. Mulleres en ocupacións masculinizadas: 10.000 €

D. Persoa parada de longa duración: 6.000 €

E. Persoa de 52 anos ou máis: 6.000 €

F. Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 6.000 €

G. Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 10.000 euros. Neste suposto, se o contrato é a tempo parcial, a contía do incentivo será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada común máxima legal.

H. Persoas desempregadas que nos últimos 2 anos finalizaran e superaran a formación conducente á obtención dun certificado profesional no marco de accións de AFD (TR301K) ou de Obradoiros de emprego (TR335La), e persoas desempregadas que nos últimos 2 anos finalizaran un Programa Integrado de Emprego (TR332La): 10.000 €

I. Persoas desempregadas que desenvolveran contratos formativos ao abeiro do programa de primeira experiencia profesional (TR353C) nos 2 anos previos á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia: 10.000 €

Incentivos á contratación por conta allea que inclúe catro modalidades:

a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

e) Transformación de contratos formativos subvencionados con cargo ao programa de primeira experiencia profesional (TR353C), nos 2 anos previos á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en contratos indefinidos.

Descargar documentación