Código de procedemento: TR341Q
DOG Núm. 23 do 4 de febreiro de 2026
Descrición
Subvención destinada a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os tres anos de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade a través do financiamento de investimentos, encadrados nos conceptos subvencionables.
Prazo de solicitude
Do 11/02/2026 ao 30/09/2026
Beneficiarios
Persoas traballadoras autónomas, así como sociedades de calquera clase que desenvolvan a súa actividade en Galicia, sempre que, entre outros requisitos, exerceran a actividade de forma ininterrompida durante un período mínimo de 42 meses e cun rendemento neto reducido inferior a 50.000 € e unha facturación mínima anual de 12.000 € (IVE incluído) na declaración de 2024.
Quedan excluídos os beneficiarios dos últimos 5 anos.
Requisitos principais do proxecto
Investimentos facturados e pagados entre o 01/10/2025 e o momento da solicitude.
Investimentos e gastos subvencionables
Compra de maquinaria.
Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
Investimentos para a substitución de combustibles fósiles, materiais críticos ou escasos.
Compra de utillaxe e ferramentas.
Reforma do local ou espazo do negocio.
Equipamento informático.
Equipamento de oficina e/ou negocio.
Rótulos.
Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.
Deseño de marca.
Contía das axudas
60 % do gasto subvencionable, cun máximo de 7.000 €.