26.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fai un balance moi positivo da ocupación rexistrada na cidade esta fin de semana con motivo da celebración do Caudal Fest. Segundo os datos recompilados pola asociación entre os establecementos de aloxamento, a ocupación media durante os días 18 e 19 de setembro situouse no 92,75 %.
A maior afluencia concentrouse durante a xornada do sábado, cando varios establecementos chegaron a rozar o cheo. Estes datos volven poñer de manifesto a capacidade de eventos como o Caudal Fest para atraer visitantes e xerar actividade no sector turístico e hostaleiro da cidade.
Desde a Apehl destacan a importancia de seguir apostando por citas capaces de mobilizar público e reforzar a proxección de Lugo como destino, especialmente cando a súa celebración se traduce nunha elevada ocupación nos establecementos e nun maior movemento de visitantes durante toda a fin de semana.