29.09.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un ano máis o curso Certificado en Cultura de Viños do Mundo, que será impartido polo Instituto Galego do Viño, cuxo director é Xoán Cannas.
O curso terá lugar os días 2, 3, 9, 10, 16 e 17 de novembro.
Cun total de 40 viños internacionais, 50 horas formativas e unha viaxe á Ribeira Sacra, o curso celebrarase este ano no hotel Alfonso IX, de Sarria, en horario de 9:00 h a 14:00 h e de 15:00 h a 17:00 h.
As inscricións son totalmente gratuítas e por rigorosa orde de inscrición. Poden formalizarse cubrindo este formulario ou poñéndose en contacto coa Apehl no teléfono 982 226 912.
PRAZAS LIMITADAS (Só será válida a reserva de praza cando recibas un mail de confirmación)