16.11.2026. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrou o pasado venres, 13 de novembro, unha nova edición do Saborea e Canta o Outono na praza de Abastos de Monforte de Lemos. A cita foi todo un éxito, con máis de 250 persoas que se achegaron ao recinto para gozar dunha noite con gastronomía, viños da Ribeira Sacra e música en directo.
Os establecementos Capitol, El Muli, Oasis e ONYX ofreceron as súas propostas gastronómicas, acompañadas dos viños das adegas Galanteiro e Os Cipreses, pertencentes á DO Ribeira Sacra. O encontro contou tamén coa participación do Centro do Viño da Ribeira Sacra como establecemento convidado.
A Batucada Tukupá foi a encargada de abrir a celebración, que continuou coas actuacións musicais de Julliet’S e SOLO. Ademais, os máis pequenos puideron gozar dun espazo infantil a cargo de Os Trasnos. Outro dos puntos destacados da noite foi o photocall instalado para a ocasión, ao que se achegaron numerosas persoas durante a velada.
Dende a Apehl agradecemos a asistencia das máis de 250 persoas que participaron no encontro, así como a implicación dos establecementos e colaboradores que contribuíron ao seu éxito.
O evento contou coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.