APEHL

O Saborea e Canta o Outono regresa este venres á Praza de Abastos de Monforte

  • A cita reunirá o 13 de novembro, de 20:30 a 00:30 horas, propostas gastronómicas, viños da DO Ribeira Sacra, música en directo e actividades infantís.

09.11.2026. A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (apehl) celebrará este venres, 13 de novembro, unha nova edición do Saborea e Canta o Outono na Praza de Abastos de Monforte de Lemos, unha cita que reunirá gastronomía, viños da Ribeira Sacra, actividades infantís e música en directo.

Os asistentes poderán gozar, dende as 20:30 ata as 00:30 horas, das propostas gastronómicas dos establecementos Capitol, El Muli, Oasis e ONYX, que estarán acompañadas dos viños das adegas Galanteiro e Os Cipreses, pertencentes á Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

A música tamén terá un papel protagonista nesta xornada festiva, que arrancará ao ritmo da Batucada Tukupá e continuará coas actuacións en directo de Julliet’S e SOLO. Ademais, os máis pequenos contarán cun espazo infantil a cargo dos Trasnos.

Dende a Apehl convidan a todos os monfortinos e visitantes a achegarse á Praza de Abastos e participar nunha velada pensada para gozar do outono nun ambiente festivo.