APEHL

A ocupación hoteleira en Lugo alcanzou o 98 % durante a fin de semana do Domingo das Mozas

13.10.2026. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) informou dos datos de ocupación hoteleira rexistrados na cidade durante as festas de San Froilán, que deixaron unha importante afluencia de visitantes, especialmente durante a pasada fin de semana.

Coincidindo coa celebración do Domingo das Mozas e coa festividade do Pilar o luns 12 de outubro, os establecementos hoteleiros alcanzaron unha ocupación media do 98 %. Ademais, durante as noites do venres e do sábado algúns aloxamentos chegaron ao 100 % de ocupación.

Estes datos mesmo melloran os rexistrados durante a primeira fin de semana das festas. O sábado 3 de outubro a ocupación media situouse no 90 %, mentres que o domingo día 4, véspera de San Froilán, foi do 88 %.

Desde a Apehl valoran positivamente estas cifras, que reflicten a elevada afluencia de visitantes que recibiu a cidade durante os días grandes das súas festas patronais.