APEHL

TU970A. Subvencións a establecimientos nos procesos de obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística

DOG Nº 106 de 06de xuño de 2023.

GASTOS SUBVENCIONABLES
• Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema (excluídos os gastos de implantación) correspondente ao ano 2023.
• Os gastos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondentes ao ano 2022 que se realicen en 2023, sempre e cando fosen aprobados polo ICTE e cuxa data de facturación se produza en 2023.
• Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2023.
• Serán obxecto destas axudas os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, así como las cotas dos dereitos de uso da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTE do ano 2023 para aquelas persoas ou entidades que conten previamente e/ou ao mesmo tempo coa certificación Q de Calidade Turística.

BENEFICIARIOS
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:
Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos
de competencia local recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das
bases do réxime local.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos
turísticos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN
Ata o 06/07/2023.

PORCENTAXE SUBVENCIONABLE E IMPORTE MÁXIMO SUBVENCIONABLE
1. A porcentaxe máxima de axuda sobre o investimento subvencionable calcularase en base a puntuación que alcancen os proxectos presentados, segundo se detalla a continuación:

Puntuación - % axuda
51-100 puntos - 70 %
31-50 puntos - 65 %
0-30 puntos - 60 %

2. No caso dos custos de auditoría externa derivados dos adiamentos dos procesos de seguimento e/ou renovacións correspondentes ao ano 2022, a contía da axuda terá unha intensidade do 30 %.
3. En calquera caso, as subvencións concedidas nel poderán superar os seguintes límites máximos:
– 2.000,00 euros para os procesos de 1ª certificación e/ou renovación de a marca Q e de 1.000,00 euros para procesos de seguimento.
– Para as solicitudes cuxa auditoría externa se realice mediante a modalidade multi-site. O importe subvencionado por este concepto será dun máximo de 3.000,00 euros para procesos de 1ª certificación e/ou renovación da marca Q e de 2.000,00 euros para procesos de seguimento.

 

Descargar documentación