APEHL

TR350C. Incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia 2023

DOG N.º123 de 29 xuño 2023.

OBXECTO
Incentivos á contratación por conta allea que realicen as empresas e persoas empregadoras, para a contratación mínima de 9 meses a xornada completa de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción
laboral.

Estas axudas poñen o foco en facilitar entre empresas, a contratación de persoas mozas de Galicia a través dunha serie de incentivos que abarcan diferentes modalidades de contrato.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS
Poderán ser beneficiarias das subvencións:
-Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestar servizos en centros de traballo radicados en Galicia.

CARACTERÍSTICAS DA AXUDA
Os gastos a subvencionar serán os derivados da subscrición de contratos indefinidos, contratos de formación en alternancia ou de contratos para a obtención da práctica profesional, tanto as novas contratacións como as contratacións realizadas con anterioridade á notificación da concesión da axuda e ata os seis meses inmediatamente anteriores á data de publicación desta orde, sempre que a formalización do contrato se realizase no ano en curso e se cumpran todos os requisitos recollidos na orde.

No caso de novas contratacións, o período para realizar as ditas contratacións será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da concesión da axuda e, en todo caso, rematará o 30 de setembro de 2023.

Os contratos terán unha duración mínima de 9 meses e deberán ser a xornada completa.

Calquera que sexa a modalidade da contratación, cada persoa contratada deberá contar cun programa de formación en competencias brandas, dunha duración mínima de 50 horas.

CONTÍA DA AXUDA
Un incentivo único de 9.000 € por cada persoa nova contratada, ben con carácter indefinido ou ben cunha duración mínima de 9 meses para os casos de contratos de formación en alternancia e para a obtención da práctica profesional, e en todos os casos cunha xornada a tempo completo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN
Dende o 30 de xuño ata o 31 de xullo de 2023.

 

Resumo da convocatoria

Descargar documentación