Orde do 28 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento.
BENEFICIARIOS
Persoas traballadoras autónomas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, empresas de inserción e Centros Especiais de Emprego que, entre outros:
- Teñan domicilio fiscal en Galicia.
- Constituídas/dadas de alta e que iniciaran a súa actividade económica no período que transcorre entre o 1 de xaneiro de 2021 ata a data de presentación da solicitude.
- Teñan presentado, segundo corresponda, as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil ou no Rexistro de Cooperativas.
- Non obtivesen resolución favorable na convocatoria desta axuda no ano 2022.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
Os investimentos en propiedade xa realizados e pagados entre o 5 de novembro de 2022 e a data de solicitude, vinculados de xeito indubidable ao proxecto empresarial:
- Equipamento informático.
- Activos intanxibles (sen materialización física ou financeira).
- Bens de equipamento e mobiliario.
- Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio.
- Activos pertencentes a un establecemento ou bens de equipo de 2.ª man se:
1. Os activos se adquiren a unha persoa non relacionada coa persoa emprendedora.
2. Consta declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos mesmos e de que non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.
3. Se acredita por taxador/a independente ou por empresa subministradora de bens da mesma tipoloxía que o prezo de compra non é superior ao valor de mercado de referencia.
INTENSIDADE DOS APOIOS
- Para investimentos entre 5.000 € e 10.000 €: 60 % do investimento.
- Para investimentos entre 10.001 € e 30.000 €: 50 % do investimento.
- Para investimentos entre 30.001 € e 50.000 €: 40 % do investimento.
- Para investimentos entre 50.001 € e 100.000 €: 30 % do investimento.
A contía máxima da axuda é de 30.000 euros.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
Xunto coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
- Poder suficiente da persoa representante no caso de actuar mediante representación.
- Facturas e o seu xustificante bancario de pagamento correspondente. As facturas presentadas terán un importe mínimo de 300 €, IVE excluído.
- Censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037), no que debe figurar a data de alta, o domicilio fiscal e a localización do establecemento da actividade.
- Declaración responsable de ter depositado no rexistro correspondente ou aprobadas pola Asemblea Xeral, segundo corresponda, as contas anuais do último exercicio.
- Contrato ou documento de creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica, segundo corresponda, onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias ou comuneiros.
SOLICITUDE E PRAZO
- Só se presentará unha solicitude por persoa.
- De presentar máis dunha solicitude, só se terá en conta a última presentada, agás que a primeira xa estea resolta.
- El plazo de presentación se abre mañana día 6 de julio y finaliza el 29 de septiembre.
Descargar documentación