APEHL

TU503H. Subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago

DOG Nº 219 do 17 de novembro de 2023

Obxecto
Posta en marcha de proxectos tractores que teñan un efecto transformador no sector turístico galego e a posta en valor de elementos patrimoniais senlleiros de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta de aloxamento e de restauración e promover un turismo sustentable na contorna do Camiño de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia.

Personas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) e grandes  empresas que proxecten levar a cabo un investimento para a posta en marcha dun novo establecemento turístico localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nestas bases. Para estes efectos, as entidades solicitantes deberán acreditar a categoría da empresa de que se trate, pequena, mediana ou grande, no momento da presentación da solicitude de axuda.

Prazo de presentación

Ata o 18/03/2024 ás 23:59 h.

Requisitos principais do proxecto
Que o proxecto presentado teña como finalidade a creación dun novo establecemento de aloxamento turístico ou restauración, de acordo con algunha das seguintes tipoloxías:
– Establecementos hostaleiros.
– Apartamentos.
– Vivendas turísticas.
– Establecementos de turismo rural.
– Albergues turísticos.
– Establecementos de restauración (restaurantes, cafeterías, bares).

Os proxectos non poden estar iniciados no momento da solicitude.

Os proxectos presentados deberán ascender a un mínimo de 300.000 euros de investimento para o conxunto das tres liñas de subvencionabilidad.

Os proxectos deberán contribuír á creación de oferta de aloxamento ou de restauración que se xustificará co alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) antes da finalización do período de xustificación.

A Axencia de Turismo comprobará o cumprimento deste requisito ao finalizar o período de xustificación.

Os proxectos deberán situarse na contorna do Camiño de Santiago, polo que soamente admitiranse proxectos situados naqueles municipios onde transcorra o trazado do Camiño de Santiago.

O proxecto de establecemento turístico deberá contar con informe previo favorable da Axencia de Turismo no momento de presentación da solicitude da axuda, de conformidade coa normativa turística de aplicación.

Os proxectos deberán desenvolverse en infraestruturas emblemáticas, históricas, de interese paisaxístico ou bens de interese cultural:

O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto. Para os proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística o prazo de execución abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de outubro de 2025.

Investimentos e gastos subvencionables
a) Liña 1: rehabilitación sostible de edificios e adaptación de infraestruturas emblemáticas para a posta en marcha dun novo establecemento turístico.
– Reforma e rehabilitación sostible de edificacións, entendida como aquela que é respectuosa coa contorna e está adaptada ás súas condicións, aforrando recursos mediante o emprego de materiais de baixo impacto ambiental (procedentes de fontes non contaminantes, materiais naturais, reciclados, reciclables e reutilizables) e aumente a vida útil do edificio.
– Incluirá o equipamento necesario para a posta en marcha do aloxamento turístico, a condición de que se utilicen materiais de baixo impacto ambiental nos termos do apartado anterior. No caso de electrodomésticos necesarios para o funcionamento, unicamente serán subvencionables aqueles de menor consumo e maior eficiencia enerxética que poidan acreditar unha clasificación enerxética A. Non serán subvencionables o enxoval das habitacións e baños, o enxoval de cociña e comedor, nin a adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias.

b) Liña 2: medidas de eficiencia enerxética en edificios emblemáticos para a posta en marcha dun novo establecemento turístico.
– Obras para a mellora da envolvente térmica do edificio: carpinterías, fachada, tellado.
– Luminarias, lámpadas e equipo: instalación ou substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentados.
– Instalación de equipamentos para a produción de enerxía renovable (enerxía solar térmica, biomasa, aerotermia, geotermia e enerxía fotovoltaica).

c) Liña 3: mellora da accesibilidade de edificios emblemáticos para a posta en marcha dun novo establecemento turístico.
– Gastos de obra e reforma que favorezan a accesibilidade dos cidadáns ao establecemento.
– Instalacións e bens de equipamento precisos que faciliten a accesibilidade e mobilidade na edificación. O equipamento adquirido deberá cumprir as esixencias establecidas na normativa da aplicación, a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, e as normas técnicas da UE de accesibilidade universal.

Considéranse subvencionables os gastos de elaboración do proxecto, por un importe do 3 % do investimento ata un máximo de 10.000 euros.

Contía das axudas
Será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable do proxecto polas intensidades de axuda previstas para cada tipoloxía proxecto.
Os proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística poderán optar ás seguintes contías por categoría de empresa:
– 35 %, no caso das pequenas empresas.
– 25 %, no caso das medianas empresas.
– 15 %, no caso de grandes empresas.
Os proxectos tractores dinamizadores do turismo cultural poderán optar a unha axuda máxima dun 80 % dos custos subvencionables ata o límite máximo de 2.200.000 euros por proxecto.

Descargar documentación