Códigos IN421T e IN421Ou
DOG Núm. 223 do 14 de decembro de 2023
Obxecto
Será obxecto de subvención a adquisición de vehículos novos turismos (M1) ou furgonetas (N1) que cumpran as características enerxéticas indicadas a continuación e teñan un custo inferior ou igual a 42.000 € (impostos incluídos), que se amplía a 47.000 € para vehículos eléctricos con autonomía maior a 30 km en modo eléctrico.
a) Vehículos M1 (Turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 125 g CO2/km. Establécense dúas categorías que recibirán diferente intensidade de axuda:
Tipo 1: Con emisións iguais ou inferiores a 110 g CO2/km
Tipo 2: Con emisións iguais ou inferiores a 125 g CO2/km
b) Vehículos N1 (Furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 120 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg, ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 185 g CO2/km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg
Para verificar o cumprimento destes requisitos enerxéticos terase en conta a información dispoñible na Base de datos de Vehículos da páxina web do IDAE, e , no caso de non estar dispoñible dita información ou ser contraditoria, a documentación acreditativa do fabricante. Pódese consultar a base de datos de vehículos no link http://coches.idae.es/base-datos/marca-e-modelo
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Para acceder á subvención, será requisito imprescindible que o adquirinte titular do vehículo obxecto da subvención acredite a baixa definitiva en circulación dun vehículo a achatarrar no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico, mediante a presentación do correspondente certificado acreditativo da
baixa definitiva do vehículo. O vehículo a achatarrar deberá ser, indistintamente, de categoría M1 ou N1, estar matriculado en España e ter unha antigüidade, contada desde a data da súa primeira matriculación e ata o día no que se fai a solicitude da axuda, de, polo menos, dez anos, no caso de vehículos M1, ou de cinco anos, no caso de vehículos N1. Adicionalmente, o vehículo a desmantelar deberá estar ao día no pago do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica e o solicitante titular do vehículo susceptible da axuda, o cónxuxe ou un familiar de primeiro grao (por consanguinidad ou afinidade) deberá ostentar a titularidade do vehículo a achatarrar, como mínimo, desde o día anterior á publicación da presente convocatoria.
Contía de axuda
Na seguinte táboa resúmese a axuda do Plan en función do tipo de vehículo:

(*) A segunda cantidade é exclusiva para solicitantes que formen parte dunha familia numerosa, para os que a axuda do Inega se incrementa un 20 %.
O aforro por vehículo do Plan de Transición a unha mobilidade eficiente corresponderá unha parte á axuda pública e outra a un desconto antes de impostos asumido polo fabricante/importador ou punto de venda. O pago da axuda pública realizarase directamente ao concesionario, polo que, o beneficiario final xa non terá que desembolsala previamente.
Unha persoa física só poderá adquirir un único vehículo M1 ou N1.
Un autónomo ou empresa só poderá adquirir un máximo de dez vehículos.
Prazo de presentación de solicitudes
Inicio solicitude: 17 de xaneiro de 2024 ás 9:00 h.
Fin solicitude: 30 de setembro de 2024 ou ata esgotar fondos.