Prazo
Do 16 de xaneiro ao 30 de setembro de 2024
Persoas beneficiarias
→ Persoas inscritas como demandantes de emprego non ocupadas nos servizos públicos de emprego que, entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive, causen alta definitiva no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
→ Persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras sen personalidade xurídica de nova creación e constituída previamente á data de solicitude desta subvención.
Requisitos
→ Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas e ter iniciada a actividade con anterioridade á data de solicitude desta subvención,
→ Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda,
→ Desenvolver a actividade empresarial ou profesional en Galicia e
→ Segundo a liña de subvención que se solicite:
Liña 1: Non ter ningunha alta anterior como persoa traballadora autónoma nos 3 anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta axuda.
Liña 2: Ser beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1º do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo.
Descargar documentación