APEHL

AXUDAS ICO SECTOR TURÍSTICO E ACTIVIDADES CONEXAS COVID 19/THOMAS COOK

     Para quen?

Autónomos e empresas con domicilio social en España que formalicen operacións na Liña ICO Empresas e Emprendedores, cuxa actividade estea dentro dun CNAE do sector turístico e actividades conexas segundo a relación de CNAE publicada.

As empresas e autónomos deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Non poderán figurar en situación de morosidade nos ficheiros de información sobre solvencia patrimonial e crédito.
  • Non poderán estar incursos nun procedemento de insolvencia colectiva nin reunir os requisitos para atoparse sometido a un procedemento de insolvencia colectiva a petición dos acredores.
  • Non se poderá utilizar este financiamento para efectuar refinanciamentos anteriores ou posteriores doutros préstamos coa entidade financeira.
  • Os clientes que teñan a condición de gran empresa deberán ter unha cualificación crediticia B  ou superior.

-       Conceptos financiables: Necesidades de liquidez financiables a través da Liña Empresas e Emprendedores

-       Onde se pode solicitar o financiamento: En calquera das Entidades de Crédito que colaboran co ICO no financiamento ICO Sector Turístico e actividades conexas - Covid 19/Thomas Cook.

-       Aprobación do financiamento: A Entidade de Crédito na que se presente a solicitude de financiamento estudará a aprobación da mesma.

Listaxe de entidades:

·         SANTANDER 

·         BBVA

·         CAIXABANK

·         BCC (GRUPO CAJAMAR)  

·         B. COOPERATIVO

·         BANKINTER  

·         CAJA RURAL DE TERUEL

·         LIBERBANK

·         BANCO SABADELL  

·         CAJA RURAL DEL SUR

·         CAJA RURAL DE NAVARRA

·         CAJA RURAL DE JAÉN

·         CAJA RURAL DE ZAMORA

·         CAJA RURAL DE ASTURIAS

·         GLOBALCAJA

·         CAJA RURAL DE ARAGÓN (BANTIERRA)

·         CAJA RURAL DE GRANADA

·         UNICAJA

·         ABANCA

 

-       Importe máximo por cliente: O importe máximo por cliente e ano é de 500.000 euros, nunha ou varias operacións.
-       Modalidade da operación: O financiamento formalizarase baixo a modalidade de préstamo.
-       Prazo de amortización e carencia: 1, 2, 3 ó 4 anos con 1 ano de carencia de principal.
-       Tipo de interese do préstamo: Fixo, ata un máximo de 1,5 % (incluídas comisións).
-       Fin de prazo: Ata o 31 de decembro de 2020 ou fin de crédito.


Máis información no teléfono gratuíto de atención ao cliente, 900 121 121, ou na entidade financeira.