TR353C. Primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos - 2024
Subvencións á contratación de mozas e mozos menores de 30 anos en situación de desemprego para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego.
O prazo de solicitude está aberto dende o 23 de maio ao 30 de setembro. O orzamento é de 4.191.915 €.
Personas y empresas beneficiarias:
- Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, sociedades civís e comunidades de bens que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
- Centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para celebrar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.
Gastos subvencionables:
- As contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional ou de formación en alternancia, e que:
- Teñan unha duración mínima de 12 meses e sexan a xornada completa.
- Sexan novas contratacións* ou contratacións realizadas con anterioridade (desde o 1 de decembro de 2023).
- A formación en competencias brandas de cada persoa que sexa contratada ao abeiro desta convocatoria (mínimo 50 horas).
*No caso de novas contratacións, o período máximo para realizalas será de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte á recepción da notificación da concesión da axuda, e en todo caso antes do 15/10/2024.
Contía do incentivo por persoa contratada:
- Incentivo á contratación:
Grupo de cotización: Grupos 1 e 2: Subvención máxima**: 16.625,00 €
Grupo de cotización: Grupos 3 a 7: Subvención máxima**: 13.300,00 €
Grupo de cotización: Grupos 8 a 11: Subvención máxima**: 9.975,00 €
- Incentivo á formación (programa formativo en competencias brandas dun mínimo de 50 horas):
Modalidade formación: Presencial: Incentivo máximo (IVE excluido)**: 1.700,00 €
Modalidade formación: Teleformación: Incentivo máximo (IVE excluido)**: 850,00 €
O salario que percibirán as persoas mozas contratadas será o que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde coa súa categoría profesional e titulación requirida para o posto subvencionado.
** Aboarase nun pagamento único, logo de presentada a documentación xustificativa.
Persoas beneficiarias finais:
Persoas mozas que, no momento da contratación para calquera das dúas modalidades contractuais previstas, cumpran os seguintes requisitos:
- Ter feitos os 16 anos e non superar os 30 anos no momento da contratación.
- Estar desempregadas (desocupadas o día inmediatamente anterior á data de inicio do contrato) e inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- E non ter experiencia profesional superior a 1 ano no grupo de cotización no que van ser contratadas.
Na modalidade de obtención de práctica profesional:
- Estar en posesión dun título universitario, de grao medio ou superior, ou equivalente.
- Celebrar o contrato nos 3 anos seguintes á terminación dos estudos ou 5 anos para persoas con discapacidade.
- Non ter experiencia ou realizado actividade formativa superior a 3 meses *** nesa mesma actividade.
Na modalidade de formación en alternancia, cumprir un dos seguintes requisitos:
- Carecer de cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profeisional, ou
- Posúan outra titulación sempre que non tivesen outro contrato formativo previo en formación do mesmo nivel formativo e sector produtivo.
*** Non computa o período de formación ou prácticas esixido polo currículo para a obtención do título
Descargar documentación