APEHL

IN417Y. Subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas

Código de procedemento IN417Y. DOG Núm. 135 do 15 de xullo de 2024

Conceptos subvencionables
Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguais ou superiores para o paso de enerxía final a enerxía primaria. Utilizaranse os factores de paso establecidos no modelo de memoria técnica.

Denominación da liña Proxectos subvencionables
PAPEME - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible
PAGE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en grandes empresas 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible
PAE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en polo menos un 30% 0,3 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible e que ademais reduzan polo menos un 30% as emisións de GEI
PAP - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en infraestruturas públicas 0,4 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía final e de enerxía primaria por euro de inversión elixible

 

Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética (no caso de actuacións en edificios substituirase a auditoría enerxética polo certificado de eficiencia enerxética), cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 15.000 euros, salvo no caso de proxectos de empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura onde o investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable establécese en 200.000 euros en ambos casos IVE non incluído.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Beneficiarios

  1. As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
  2. As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Prazo de solicitude

Considéranse actuacións subvencionables as iniciadas con posterioridade a presentación da solicitude de axuda e terminadas antes da data limite para executar e xustificar o investimento será o 15 de setembro de 2025.

As actuacións non poden estar iniciadas nin contratadas con anterioridade a data de presentación da solicitude de axuda.

Máis información

Para solicitar máis información pode contactar co Inega a través dos teléfonos:
981 957 803 / 981 541 514 / 981 54 15 23

Descargar documentación