APEHL

IG285 (IG402A). Programa RE-ACCIONA

Código de procedemento IG285 (IG402A)

Que ofrece?

Servizos de profesionalización e desenvolvemento estratéxico:
• Análise do potencial competitivo.
• Desenvolvemento estratéxico integral.
• Análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).
• Captación, fidelización e xestión do talento.
• Desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.
• Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
• Optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
• Asesoramento para o relanzamento comercial.
• Preparación de procesos certificables.
• Apoio a empresas emerxentes innovadoras.

Servizos de innovación:
• Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
• Protección da innovación.
• Asesoramento para o nanciamento da innovación.

Beneficiarios

• Persoas autónomas.
• Pequenas e medianas empresas
Deberán contar, como mínimo, con 3 traballadores no ano 2024

Axuda do Igape

Axudas en especie en réxime de concorrencia non competitiva:
• A subvención será do 80 % do importe do servizo
• O Igape aboaralle directamente á entidade colaboradora que levou a cabo o
servizo o importe correspondente á axuda

Condicións dos servizos

Os servizos serán prestados pola entidade colaboradora que elixa o solicitante de entre as seleccionadas polo Igape. 

Constarán de tres fases:
1. Formación en sensibilización
2. Análise da empresa e elaboración dun informe de situación e plan de traballo concreto
3. Execución do plan de traballo

As entidades colaboradoras son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa) a petición da empresa solicitante.

Poderán solicitar axudas para a prestación de ata 2 servizos por peme beneficiaria.

Prazo de presentación. Concorrencia non competitiva

Do 21 de xaneiro ás 9.00 h ata o 15 de novembro ás 14.00 h 

Descargar documentación