APEHL

TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R. Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas

21.01.2025. Na publicación do DOG 11 da Orde do 27 de decembro de 2024 recóllense varias axudas para as persoas traballadoras autónomas.

PROGRAMA I. PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Axudas para as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial ou profesional como traballadoras autónomas por conta propia, para facer fronte aos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Aberto do 24 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025.

Liña 1: Axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.

Liña 2: Axuda equivalente a 12 meses da cota reducida á Seguridade Social por continxencias comúns e profesionais.

Orzamento: 28.956.000 €

Persoas beneficiarias para a liña 1

  • Persoas inscritas como demandantes de emprego non ocupadas nos servizos públicos de emprego que, entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambos inclusive, causen alta definitiva no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
  • Persoas traballadoras autónomas ou por conta propia que formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación e constituída previamente á data de solicitude desta subvención, sempre que as soliciten a título persoal.

Persoas beneficiarias para a liña 2 (ademais das persoas recollidas na liña 1, tamén)

  • Persoas traballadoras autónomas socias de sociedades mercantís, laborais ou cooperativas de nova creación (aquelas creadas desde o 30 de setembro de 2024).

Requisitos das persoas beneficiarias

  • Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas e ter iniciada a actividade con anterioridade á data de solicitude desta subvención,
  • Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda,
  • Desenvolver a actividade empresarial ou profesional en Galicia e, ademais, segundo a liña de subvención que se solicite:
  • Liña 1: Non ter ningunha alta anterior como persoa traballadora autónoma nos 5 anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta axuda.
  • Liña 2: Ser beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1.º do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo.

Intensidade da axuda.

Axudas da liña 1

  • Contía base (non acumulables). 2000 €: Persoas desempregadas en xeral. 4000 €: persoas menores de 30 anos, persoas maiores de 52 anos, persoas paradas de longa duración, persoas con discapacidade ou en situación de dependencia, persoas en situación ou risco de exclusión social, persoas emigrantes retornadas e persoas estranxeiras.
  • Incremento (acumulables entre si). +15 % da contía base: muller, centro de traballo nun concello rural, persoas maiores de 45 anos (incremento non aplicable ás persoas maiores de 52 anos), persoa trans e profesións e oficios nos que a muller estea subrepresentada.

Axudas da liña 2

Axuda equivalente á contía da cota mensual reducida sufragada pola persoa beneficiaria multiplicada por 12.960 €

A liña 1 e a liña 2 son compatibles.

Principais obrigas das persoas beneficiarias

  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  • Dispor dos libros contables, rexistros ou documentos auditados esixidos pola lexislación mercantil e
    sectorial.
  • Manter rexistros contables independentes ou códigos de contabilidade apropiados para seguir a pista de auditoría suficiente.
  • Manter a alta no RETA, réxime especial ou mutualidade durante un mínimo de 24 meses ininterrompidos para a liña 1, e de 12 meses para a liña 2.
  • Manter a forma xurídica elixida, así como o centro de traballo e o domicilio fiscal en Galicia, durante un mínimo de 12 meses.
  • Conservar os documentos xustificativos relacionados coa axuda do FSE + Galicia 2021-2027.
  • Cumprir coas medidas de visibilidade, transparencia e comunicación nos espazos nos que se desenvolvan
    as actuacións.
  • Atender á recollida de información a través dos indicadores de realización e de resultados.

PROGRAMA II. BONO NOVA OPORTUNIDADE

Axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta.

Prazo aberto do 24 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025.

Orzamento: 1.500.000 €

Importe axuda: 7.500 €. Incremento en 500 € se a persoa beneficiaria é muller.

Persoas beneficiarias

Persoas traballadoras autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queiran volver emprender e cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter causado alta no RETA ou noutro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional entre o 31 de outubro de 2024 e 30 de setembro de 2025.
  • Ter unha alta inicial no RETA ou outro réxime especial por conta propia ou mutualidade, antes desta nova alta e dentro dos últimos 5 anos desde a data de publicación desta orde.
  • Ter cotizado anteriormente polo menos 3 meses ininterrompidos no RETA ou noutro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade.
  • Estar inscrita como persoa demandante de emprego sen ocupación efectiva nos servizos públicos de emprego e non ter contrato laboral en vigor en data inmediatamente anterior á nova alta.
  • Ter transcorrido un mínimo de 6 meses entre a nova alta e a anterior baixa no RETA.
  • Ter domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á nova alta e desenvolver a actividade profesional en Galicia.
  • Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude da axuda.
  • Ter dado a baixa no IAE da actividade precedente.

Tamén poden ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creació, sempre que as soliciten a título persoal e coa entidade xa constituída antes da presentación e despois do 31 de outubro de 2024.

Exclusións: exclúense as persoas beneficiarias desta axuda en convocatorias anteriores, persoas autónomas que sexan membro de entidades de economía social ou de sociedades mercantís ou laborais, administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio e as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.

Presentación de solicitudes

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • O prazo para a presentación da solicitude rematará o 30 de setembro de 2025.
  • A presentación supón a aceptación das obrigas establecidas para ser beneficiaria, así como a aceptación da axuda de ser persoa beneficiaria dela.
  • Só será válida unha solicitude por persoa. No caso de presentar unha nova, entenderase que desiste da anterior presentada (salvo se xa estivese resolta).

Documentación complementaria e presentar xunto coa solicitude

  • Documentación que acredite suficientemente a posta en marcha da actividade (facturas da compra de maquinaria, do alugueiro, da compra de mercadorías...).
  • Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido (en caso de que non estea inscrito no Rexistro xeral de apoderamentos da Xunta de Galicia).
  • Acreditación de baixa no IAE da actividade precedente (modelo 036 ou 037 da actividade anterior) e certificación censual da nova actividade.
  • No caso das persoas mutualistas, certificado de baixa, certificado do tempo que pasou en situación de mutualista e certificado da nova alta.
  • De ser o caso, contrato ou documento da creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidade sen personalidade xurídica.

Principais obrigas das persoas beneficiarias

  • Permanecer de alta no RETA ou na mutualidade de colexio profesional durante un tempo mínimo de 24 meses desde a nova alta como persoa traballadora autónoma, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade.
  • Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións e comunicarlle calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión.
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
  • Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, aos efectos das actuacións de comprobación e control, e adoptar as medidas adecuadas para dar publicidade ao financiamento público.

PROGRAMA III. BONO AUTÓNOMO

Axuda ás persoas traballadoras autónomas consolidadas para impulsar a mellora da competitividade da súa actividade empresarial en Galicia.

Prazo aberto do 24 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025.

Orzamento: 8.000.000 €

Persoas beneficiarias

  • As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, outro réxime especial por conta propia ou mutualidade de colexio profesional, con domicilio fiscal en Galicia, antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, e cun rendemento neto reducido inferior a 50.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) na declaración do 2023.
  • As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, cunha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) e unha base impoñible no Imposto de Sociedades do ano 2023 (ou unha suma de todos os rendementos netos reducidos na declaración anual informativa do 2023 para as entidades en réxime de atribución de rendas) inferior a 50.000 euros.

Quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os familiares, as persoas autónomas administradoras e as persoas autónomas ou sociedades que percibisen esta mesma axuda nalgunha das cinco últimas convocatorias.

Intensidade da axuda

Axuda do 60 % de cada investimento cun importe máximo total de 7.000 €. O gasto debe estar realizado e efectivamente pagado entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude. Investimentos subvencionables:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra/instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
  • Substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
  • Compra de utillaxe e ferramentas.
  • Reforma do local do negocio.
  • Equipamento informático e equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, creación de webs, apps e redes sociais.
  • Deseño de marca.

Presentación da solicitude e documentación complementaria

  • A solicitude e documentación complementaria debe presentarse obrigatoriamente por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Facturas emitidas no período subvencionable (importe mínimo 100 € sen IVE) xa pagadas, que identifiquen as características e o custo do investimento, e xustificantes bancarios do pagamento.
  • Documentación xustificativa do volume de facturación e base impoñible (IVE, IRPF, imposto sobre sociedades do ano 2023 ou declaración responsable para quen tribute por módulos, segundo o caso).
  • Acreditación de que a persoa autónoma societaria é socia da entidade que solicita a subvención cunha declaración de que ningunha outra persoa autónoma societaria solicitou a axuda, de ser o caso.
  • Certificado da mutualidade do colexio profesional indicando os períodos de alta, de ser o caso.
  • No caso de persoas autónomas societarias, declaración responsable de que ningunha outra persoa traballadora autónoma societaria fixo unha solicitude da presente axuda pola mesma sociedade.
  • Relación de investimentos realizados(segundo o Anexo I.3).
  • Certificado de situación censual (modelo 036 ou 037) no caso das persoas autónomas que tributen no réxime especial de recargo de equivalencia, en atribución de rendas ou cuxa actividade estea exenta de tributación do IVE.
  • No caso de reforma do local, presentarase unha fotografía do local antes da reforma e outra feita despois da reforma.

Principais obrigas das persoas beneficiarias

  • Manter a alta no RETA ou mutualidade durante un mínimo de 24 meses de forma ininterrompida desde a data de solicitude da subvención, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade.
  • Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e ocumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
  • Someterse ás actuaciónsde comprobación que efectúe a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ou de control que realicen os órganos competentes, tanto autonómicos, como estatais ou comunitarios.
  • Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
  • Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Dispor dos libros contables, rexistros ou documentos auditados esixidos pola lexislación mercantil ou sectorial.
  • Adoptar as medidas de difusión para dar publicidade ao financiamento público durante 12 meses, segundo o modelo de cartel dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

PROGRAMA IV. BONO PARA A REMUDA XERACIONAL

Incentivos para evitar o peche dos negocios por falta de remuda xeracional. 

Prazo aberto do 24 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025. Orzamento: 1.250.000 €

Persoas beneficiarias

  • Persoas traballadoras autónomas, persoas profesionais dadas de alta no RETA, persoas mutualistas e sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal ou centro de traballo en Galicia na data da solicitude, que asuman a transmisión dun negocio por xubilación, falecemento ou incapacidade da persoa titular, sempre que supoña a continuación da actividade.

No caso de realizar máis dunha solicitude, ambas quedarán excluídas.

Intensidade da axuda

Liña 1: bono remuda rural. Para concellos de menos de 10.000 habitantes. + 5 % acumulables: muller, menor de 30 anos, 52 anos ou máis, parada longa duración e negocio con máis de 5 persoas traballadoras. 75 % do prezo do contrato sen IVE. + 10 % non acumulables: persoa emigrante retornada, persoa estranxeira e xa empadroada na localidade do negocio. + 6.000 € para a persoa que tramite.

Liña 2: bono remuda xeral. Para concellos de 10.000 habitantes ou máis. + 5 % acumulables: muller, menor de 30 anos, 52 anos ou máis, parada longa duración e negocio con máis de 5 persoas traballadoras. 70 % do prezo do contrato sen IVE. + 3.000 € para a persoa que tramite.

Contía máxima subvencionable por remuda: 30.000 € por remuda de negocio ou 10.000 € por remuda dunha licenza.

  • No caso de acceder á remuda mediante alugueiro do local e/ou dos medios produtivos, a axuda a percibir será a correspondente aos primeiros 18 meses do dito alugueiro.
  • O gasto deberá realizarse e pagarse entre o 31 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025.

Principais requisitos dos negocios da remuda

  • Que a remuda estea motivada pola proximidade da idade de xubilación (62 ou máis anos), por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou por falecemento da persoa titular.
  • Debe ter o seu domicilio social e fiscal e o centro de traballo en Galicia e un mínimo de 5 anos de antigüidade.
  • Non ter transcorrido máis de 12 meses entre a publicación desta axuda e a baixa no RETA (ou réxime correspondente) e no IAE da persoa que traspasa o negocio.
  • Que se trate da mesma actividade que o negocio que se remuda e se desenvolva no mesmo local.
  • Que o negocio estea inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, salvo aqueles negocios que foran xa obxecto de remuda antes da publicación desta axuda.
  • Que a transmisión se formalice mediante contrato de traspaso ou de venda de negocio ou actividade elevado a escritura pública no que conste como obxecto a remuda, indicando prezo total e detalle de elementos incluídos no traspaso.
  • No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, estas deben posuír, con anterioridade á publicaciónda Orde, máis do 50 % do porcentaxe de accións ou participacións da sociedade, e a porcentaxe adquirida debe ser superior ao 50 %.
  • Que se realice o cambio de titularidade de actividade no concello correspondente, ou de ser o caso, a comunicación previa do inicio de actividade ou da apertura de establecemento.
  • As persoas que remudan o negocio non poden estar en ningunha situación de xubilación activa cando se produza a remuda.

Documentación complementaria a achegar xunto coa solicitude

  • Información da persoa que transmite o negocio (segundo o modelo do Anexo III.4 da Orde).
  • Plan de negocio segundo o modelo do Anexo IV.4 da Orde, acompañado do informe de valoración emitido por un Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia.
  • Se xa se formalizou a transmisión, copia do contrato de remuda elevado a escritura pública; ou se aínda non estivese formalizada a transmisión, acordo de transmisión asinado polas partes.
  • Censo de obrigados tributarios da AEAT (modelo 036 ou 037) e certificado de situación censual do negocio ou outro documento que acredite a súa antigüidade.
  • Documentación acreditativa, segundo o caso: da resolución da incapacidade total ou absoluta, da herdanza, do nacemento en Galicia ou da relación de parentesco de persoa emigrante retornada, do certificado de emigrante retornada ou da creación da comunidade de bens.

Principais obrigas das persoas e entidades beneficiarias

  • Manter a alta no RETA, mutualidade ou Rexistro Mercantil, e no IAE da localidade durante os 36 meses posteriores á data da escritura do contrato de remuda.
  • Manter a mesma actividade económica durante un mínimo de 12 meses desde a data do contrato.
  • Adoptar as medidas de difusión para dar publicidade ao financiamento público.

PROGRAMA V. CONCILIACIÓN DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Axuda para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que desenvolvan a súa actividade en Galicia para conciliar a vida familiar e laboral. 

Prazo aberto do 24 de xaneiro ao 30 de setembro de 2025. Orzamento: 1.000.000 €

Persoas beneficiarias

  • Persoas traballadoras dadas de alta no RETA, no Réxime Especial de Traballadores do Mar por conta propia ou mutualistas.
  • As persoas membros de sociedades mercantís, laborais e civís e comunidades de bens, a título individual.

Será tamén necesario que teñan domicilio fiscal en Galicia e que desenvolvan a actividade en Galicia.

Exclúense as persoas socias de sociedades cooperativas, persoas autónomas colaboradoras e persoas traballadoras autónomas administradoras que non teñan parte na sociedade.

Contía dos apoios das tres liñas

As 3 liñas son compatibles entre si.

Bono autónomo Concilia I

Durante a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de 8 meses no suposto de risco durante o embarazo. 1.100 € por mes completo. 8.800 € importe máximo

No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez rematado o período de descanso. 7.500 €. 9.000 € para os colectivos. Colectivos: muller, menores de 30 anos, paro longa duración, maiores de 52 anos, con discapacidade, situación de risco ou exclusión, emigrantes retornadas e estranxeiras. 

Para contratos a tempo parcial (mínimo 50 %) ou inferiores a 1 mes, estas contías serán proporcionais ao tempo de traballo.

Bono autónomo Concilia II

Polo contrato indefinido realizado para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia. 7.500 €. 9.000 € para os colectivos.

Para contratos a tempo parcial (mínimo 50 %), a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo.

Bono autónomo Concilia III

O 75 % do custo do centro ou servizo de coidado contratado en centros emprazados en Galicia. 3.000 € máximo. No caso de menores, poden incluírse gastos de comedorno centro escolar, sempre que aparezan detallados como tales e o importe reflectido na correspondente factura.

Accións subvencionables

Bono autónomo Concilia I

  • Contratación dunha persoa desempregada para: substitución por maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e durante a duración do mesmo. Substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactación e pola duración de dita baixa.

No caso de autónomas embarazadas ou persoas autónomas en proceso de adopción, o contrato de substitución será subvencionable ata dous meses antes do inicio do seu período de descanso, co fin de posibilitar a transferencia do coñecemento que posibilite o mantemento da actividade.

  • Contratación indefinida realizada coa mesma persoa contratada por substitución, unha vez rematado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.

Bono autónomo Concilia II

  • Contratación indefinida dunha persoa desempregada para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia. Contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025. Exclúense contratos con cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes ata o segundo grao inclusive da persoa solicitante.

Bono autónomo Concilia III

  • Contratación do centro e/ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III). Servizos prestados entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025 e para centros e servizos emprazados en Galicia.

Para os Bonos Concilia II e III deberá acreditarse a relación de parentesco ata 2.º grao ou convivencia como mínimo de 3 meses anteriores á solicitude (excepto menores acollidos).

Documentación complementaria a presentar

Bono autónomo Concilia I

  • Resolución da Seguridade Social na que se indique o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento
  • Informe de vida laboral correspondente ao mes no que se realice a contratación da persoa traballadora pola que se solicita a subvención

Bono autónomo Concilia II

  • Informe de vida laboral correspondente ao mes no que se realice a contratación da persoa traballadora pola que se solicita a subvención.
  • Contrato de traballo.
  • Acreditación de parentesco (certificado do Rexistro Civil no caso de acollemento de menores)
  • Certificado de discapacidade ou dependencia, se é o caso

Bono autónomo Concilia III

  • Documento acreditativo do custo da mensualidade do centro ou do servizo
  • Documento acreditativo do horario do centro escolar, no caso de menores
  • Acreditación de parentesco (certificado do Rexistro Civil no caso de acollemento de menores)
  • Certificado de discapacidade ou dependencia, se é o caso
Descargar documentación