APEHL

TR342C. Programa de incentivos á contratación por conta allea (ano 2025)

Código de procedemento TR342C

28.01.2025. Na publicación do DOG 16 da Orde do 27 de decembro de 2024 establécense as bases reguladoras do Plan Galicia, que emprega incentivos á contratación na empresa ordinaria, e procédese a súa convocatoria para o ano 2025.

Prazo de solicitude
Aberto desde o 31 de xaneiro ao 30 de setembro 2025

Beneficiarios
Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten a persoas traballadoras por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tamén poden ser entidades beneficiarias dos incentivos os centros especiais de emprego, agás para facer contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, agás para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.

Requisitos principais do proxecto

A contratación e comunicación deben estar realizadas entre o 01/10/2024 e o 30/09/2025, debendo estar en todo caso realizada no momento de presentar a solicitude.

  • Os contratos deben ser de duración indefinida e a xornada completa (excluídos fixos discontinuos). Contemplase como excepción, a contratación de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión social, que poderán ser a tempo parcial cun mínimo do 50% da xornada.
  • Os contratos teñen que estar comunicados, nun prazo de 10 días hábiles, desde o seu inicio.
  • O contrato ten que ser celebrado cunha persoa desempregada (inscrita como demandante de emprego no momento da contratación e que careza de ocupación efectiva; é dicir, que non estea de alta nin nese momento nin no día anterior). Este requisito debe ser verificado pola persoa empregadora, xa que desde aquí non pode ser comprobado.

Investimentos e gastos subvencionables
As contratacións indefinidas iniciais de persoas desempregadas incentivarase con distintas cantidades base, segundo o colectivo ao que pertenza a persoa contratada:

  • Persoa moza
  • Muller
  • Persoa parada de longa duración
  • Persoa de 52 anos ou máis
  • Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira
  • Mulleres en ocupacións masculinizadas
  • Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social

Cantidade das axudas

  • Persoa moza: 6.000 €
  • Muller: 6.000 €
  • Persoa parada de longa duración: 6.000 €
  • Persoa de 52 anos ou máis: 6.000 €
  • Persoa emigrante retornada ou persoa estranxeira: 6.000 €
  • Mulleres en ocupacións masculinizadas: 10.000 €
  • Persoa con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social: 10.000 €

Estas cantidades poderán incrementarse nun 15% se:

  1. O centro de traballo está nun concello rural
  2. A persoa contratada ten máis de 45 anos (sempre que non se solicite pola liña de persoas maiores de 52 anos)
Descargar documentación