APEHL

TU503A. Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración

Código de procedemento TU503A

12.02.2025. Na publicación do DOG 28 da Orde do 26 de decembro de 2024 establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e a súa convocatoria de gasto para o ano 2025.

Prazo de solicitude

Aberto desde o 12 de febreiro ao 11 de marzo de 2025.

Beneficiarios

  • Persoas físicas e Pymes titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración inscritos no REAT.
  • Son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
  1. Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos.
  2. As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Requisitos principais do proxecto

  • Deberase acreditar unha antigüidade da actividade turística de aloxamento e restauración no establecemento non inferior a 5 anos de alta no REAT.
  • Deberase acreditar a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación.
  • Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2025 e en ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pago anteriores a dita data.
  • As actuacións deben estar finalizadas antes do 31 de outubro de 2025.
  • A inversión neta admisible será de até 100.000€.

Investimentos e gastos subvencionables

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
  • Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

  • Equipamentos móbiles necesarios para o funcionamento.

  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

  • Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.

  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Cuantía das axudas

En función da puntuación obtida, entre o 40% e o 60% do gasto subvencionable

Puntos % axuda
80 - 100 60 %
60 - 79 50 %
30- 59 40 %

 

 

 

 

 

As solicitudes cunha puntuación inferior a 40 puntos non poderán obter subvención.

Descargar documentación