Códigos de procedemento: TR357B, TR357C e TR357D
13.02.2025. Na publicación do DOG 21 da Orde do 26 de decembro de 2024 establécense as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE).
Prazo de solicitude para todas as liñas
Ata o 28 de febreiro de 2025
TR357C - Axudas para a implantación de plans de igualdade (Liña I).
Axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral.
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan suscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean válidamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.
A efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.
As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras esixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2. Para a liña I, as empresas beneficiarias non poderán superar o número de 49 persoas traballadoras durante todo o período establecido no artigo 2.
O disposto nesta orde respecto do persoal traballador entenderase aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado, sempre que estean no réxime xeral da Seguridade Social.
TR357D - Liña II: Axudas á conciliación.
Axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
TR357B - Liña III: Axudas para as certificacións de RSE.
Axudas e incentivos para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Subvencionaranse a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.
Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (medio ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ESO 50001; SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, e, así mesmo, o Selo Horarios Racionais (SHR).
Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo deste porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.
Descargar documentación