APEHL

TU985H. Subvencións para a rehabilitación ou reforma de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia

DOG Nº 88. Código de procedemento: TU985H

Prazo de solicitude
18/05/2025 00:00 h - 18/07/2025 23:59 h

Obxecto
Modernizar as infraestruturas de hoteis balneario e hoteis talaso preexistentes na Comunidade Autónoma de Galicia, priorizando aquelas que contribúan á sustentabilidade turística da rexión e ao desenvolvemento de experiencias que contribúan á posta en valor dos balnearios e talasos de Galicia.

Beneficiarios
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.

No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) e grandes empresas que proxecten levar a cabo un proxecto localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias:
a) As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante.
b) As empresas que se atopen en situación de crise, de acordo coa definición establecida no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014). A acreditación deste requisito realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante, sen menoscabo das accións de comprobación que poida realizar para estes efectos a Axencia de Turismo de Galicia.
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
d) No caso de que a subvención supere os 30.000,00 euros e a entidade solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación da conta de perdas e ganancias abreviada, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei.
e) Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.

4. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria á realización do investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 24 destas bases.

5. Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Hai tres liñas de gasto subvencionable para cada proxecto:
a) Liña 1. Reforma ou rehabilitación de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia.

Trátase de proxectos para reformar ou rehabilitar establecementos turísticos de aloxamento clasificados coma hoteis balneario ou hoteis talaso, integrados coa contorna e o medio ambiente natural.
Poderá incluír o equipamento necesario para a reforma ou rehabilitación das instalacións que, en todo caso, deberá obedecer a criterios de sostibilidade.
Deberán aplicarse criterios de sostibilidade, de maneira que as obras a executar sexan respectuosas coa contorna e estean adaptadas ás súas condicións, aforrando recursos mediante o emprego de materiais de baixo impacto ambiental: procedentes de fontes non contaminantes, materiais naturais, reciclados, reciclables e reutilizables.
Incluirá a adecuación ou acondicionamento do inmoble ou inmobles e/ou dos espazos físicos onde se desenvolverán as actividades. Tanto no caso de que se realicen obras de infraestrutura como no caso de que se trate da adecuación dun espazo exterior, deberán aplicarse criterios de sostibilidade e integración coa contorna e o medio ambiente natural.
A contribución á sostibilidade e integración coa contorna natural deberá incluírse nunha memoria explicativa que a persoa promotora deberá achegar coa súa solicitude.

b) Liña 2. Medidas de eficiencia enerxética e economía circular en hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia.
Trátase de medidas que contribúan á mitigación do cambio climático: mellora da eficiencia enerxética nas instalacións termais.

c) Liña 3: difusión da cultura termal galega.
Terán a consideración de gastos subvencionables os que se relacionan a continuación:
• Deseño das actuacións de difusión da cultura termal galega e do turismo de saúde que poña en marcha o establecemento.
• Xornadas e publicaciones realizadas que poña en valor e divulguen as augas termais en relación coa cultura e cos recursos naturais da zona.

A inversión neta admitida será, como máximo:
– No caso da liña 1: ata 300.000,00 €.
– No caso da liña 2: ata 60.000,00 €.
– No caso da liña 3: ata 15.000,00 €.

Contía das axudas
Hasta un 80% do coste total subvencionable do proxecto, cos límites máximos anteriores según
a liña correspondente.

Descargar documentación