APEHL

TU985G. Subvencións a proxectos tractores de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia

DOG Nº 88. Código de procedemento: TU985G

Prazo de solicitude
18/05/2025 00:00 h - 18/07/2025 23:59 h

Obxecto
Establecer as condicións para a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos
tractores que teñan un efecto transformador no sector turístico de establecementos na
categoría de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta
existente de aloxamentos turísticos con servizo de balneario ou talaso, así coma o de promover
un turismo de balnearios e talasos sostible na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes)
e as grandes empresas que proxecten levar a cabo un investimento para a posta en marcha dun
novo establecemento turístico localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado
subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases. Para estes efectos, as persoas
solicitantes deberán acreditar a categoría da empresa de que se trate, pequena, mediana ou
grande, no momento da presentación da solicitude de axuda.

2. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á
definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE)
651/2014.

Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo
de presentación de solicitudes.

Actuacións subvencionables e contías

1. Será requisito da actuación subvencionable que o proxecto achegado teña como finalidade a
creación dun novo establecemento de aloxamento turístico con servizo de balneario ou talaso,
segundo os artigos 55, 60 e 61 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, de acordo
con algunha das seguintes tipoloxías:

– Hoteis balneario.
– Hoteis talaso.

2. O establecemento turístico obxecto da axuda deberá dispor da declaración da condición de
mineral, termal ou de manancial das augas no momento de presentación da solicitude. No
momento de presentación da solicitude de axuda, o proxecto presentado deberá contar con
circuítos termais nas instalacións do balneario ou talaso e deberá ofrecer servizos e tratamentos
vinculados ao emprego de augas mineromedicinais ou do mar. En relación co anterior, deberá
achegarse unha memoria explicativa do proxecto que se vai desenvolver na cal se especifiquen
cales son os servizos e os tratamentos que se van ofertar, o número de empregados con que
contará a parte de balneario ou talaso e as súas titulacións, as horas en que estarán abertas as
súas instalacións e os circuítos que se poderán contratar.

Gasto subvencionable:

a) Liña 1: construción, reforma ou rehabilitación sustentable de edificios e adaptación de
infraestruturas ou instalacións para a posta en marcha dun novo establecemento turístico
de aloxamento vinculado a un balneario ou talaso.

Trátase de proxectos de construción, reforma ou rehabilitación sustentable de edificacións
para a posta en marcha de novos establecementos turísticos de aloxamento na categoría
de hoteis balneario e hoteis talaso.

b) Liña 2: sistemas de enerxías renovables e economía circular no novo establecemento
turístico vinculado a un balneario ou talaso.

Trátase de medidas que contribúan á mitigación do cambio climático: mellora da eficiencia
enerxética nas instalacións termais.

4. A contía da axuda, no caso de actuacións da liña 1, será o resultado de multiplicar o
investimento subvencionable polas seguintes intensidades de axuda, segundo a categoría
de empresa:

– 35 %, no caso das pequenas empresas.
– 25 %, no caso das medianas empresas.
– 15 %, no caso de grandes empresas.

5. A contía da axuda, no caso de actuacións da liña 2, será o resultado de multiplicar o
investimento subvencionable polas seguintes intensidades de axuda, segundo a categoría
de empresa:

– 55 %, no caso das pequenas empresas.
– 45 %, no caso das medianas empresas.
– 35 %, no caso de grandes empresas.

O límite máximo de axuda pública será de 1.000.000,00 euros por proxecto. Para estes
efectos, enténdese por proxecto a posta en marcha dun novo establecemento turístico de
aloxamento.

Descargar documentación