Código de procedemento: TR353C
Prazo de solicitude
23/05/2025 - 30/09/2025
Obxeto
Subvencións á contratación de mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego.
Orzamento
4.191.915 €
Persoas e empresas beneficiarias
→ Persoas empregadorase empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, sociedades civís e comunidades de bens que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
→ Centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para celebrar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.
Gastos subvencionables
As contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional ou de formación en alternancia, e que:
→ Teñan unha duración mínima de 12 meses e sexan a xornada completa.
→ Sexan novas contratacións* ou contratacións realizadas con anterioridade (desde o 1 de decembro de 2023).
A formación en competencias brandas de cada persoa que sexa contratada ao abeiro desta convocatoria (mínimo50 horas).
* No caso de novas contratacións, o período máximo para realizalas será de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte á recepción da notificación da concesión da axuda, e en todo caso antes do 15/10/2024.
Contía do incentivo por persoa contratada
| Grupo de cotización | Subvención máxima** |
|---|---|
| Grupos 1 e 2 | 16.625,00 € |
| Grupos 3 a 7 | 13.300,00 € |
| Grupos 8 a 11 | 9.975,00 € |
| Modalidade formación | Incentivo máximo (IVE excluido)** |
|---|---|
| Presencial | 1.700,00 € |
| Teleformación | 850,00 € |
O salario que percibirán as persoas mozas contratadas será o que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde coa súa categoría profesional e titulación requirida para o posto subvencionado.
** Aboarase nun pagamento único, logo de presentada a documentación xustificativa.
Persoas beneficiarias finais
→ Persoas mozas que, no momento da contrataciónpara calquera das dúas modalidades contractuais previstas, cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter feitos os 16 anos e non superar os 30 anos no momento da contratación.
2. Estar desempregadas (desocupadas o día inmediatamente anterior á data de inicio do contrato) e inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia.
3. E non ter experiencia profesional superior a 1 ano no grupo de cotización no que van ser contratadas.
| Na modalidade de obtención de práctica profesional |
|---|
|
|
|
| Na modalidade de formación en alternancia |
|---|
|
|
*** Non computa o período de formación ou prácticas esixido polo currículo para a obtención do título.
Máis información: 012
Descargar documentación