11.04.2020. Resolución de 10 de abril de 2020, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros de 10 de abril de 2020, polo que se instrúe ao Instituto de Crédito Oficial a pór en marcha o segundo tramo da liña de avais aprobada polo Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, e se establece que os seus beneficiarios sexan as pequenas e medianas empresas e autónomos afectados as consecuencias económicas do COVID-19.
As condicións aplicables e requisitos a cumprir son os seguintes:
Primeiro. Todas as condicións e termos previstos no Acordo de Consello de Ministros, de 24 de marzo, incluíndo os seus Anexos, entenderanse aplicables tamén a este segundo tramo.
Segundo. Adicionalmente, establécense as seguintes condicións, que serán incorporadas no contrato marco que as entidades formalizasen con ICO.
- Importe total do segundo tramo da liña de avais: Ata 20.000 millóns de euros, achegados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para renovacións e novos préstamos concedidos a autónomos e pemes.
- Prazo de solicitude dos avais: Os avais deste segundo tramo poderán solicitarse ata o 30 de setembro de 2020. O prazo poderá ampliarse, sempre en liña coa normativa de Axudas de Estado da UE, por Acordo de Consello de Ministros.
- Dereitos e obrigacións das entidades financeiras: Os custos dos novos préstamos e renovacións que se beneficien destes avais manteranse en liña cos custos cargados antes do inicio da crise do COVID-19, tendo en conta a garantía pública do aval e custo de cobertura e por tanto, en xeral, deberán ser inferiores aos custos dos préstamos e outras operacións para a mesma tipoloxía de cliente que non conten co aval. O cumprimento desta condición será supervisado por ICO. As entidades financeiras aplicarán os mellores usos e prácticas bancarias en beneficio dos clientes e non poderán comercializar outros produtos con ocasión da concesión de préstamos cubertos por este aval público nin condicionar a súa concesión á contratación por parte do cliente doutros produtos.
Para máis información: Segundo Tramo de Avais e Liñas de Avais