14.05.2020. O Plan de teleformación para o sector turístico posto en marcha pola Xunta de Galicia é unha das medidas autonómicas, dentro do Plan de reactivación do sector, fronte aos efectos derivados da Covid-19.
Este plan continúa durante o mes de maio coa seguinte formación :
- Curso de lingua inglesa para Turismo Internacional.
- Curso de lingua inglesa para Atención ao público.
- Mesa debate on-line “Introdución a Axenda 2030, obxectivos e implantación nas empresas turísticas”.
- Webinar: “O Plan de Compliance: que é e como implementalo nas empresas turísticas”.
- Webinar: “Estratexias de preparación hotelera e hostelera para a reapertura”.
Se estas interesado en obter máis información e realizar a preinscrición ou inscrición, xa que as prazas son limitadas, podes facelo no seguinte enlace FORMACIÓN ON LINE.