14.05.2020. A iniciativa Autónomos Dixitais forma parte das medidas que se están deseñando dentro do Plan de reactivación económica.
O programa ofrecerá dúas accións formativas on-line de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda on-line e a creación de tendas virtuais. En concreto, fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e especialista en e-commerce.
O prazo de matrícula está aberto ata o 22 de xullo e o inicio do primeiro grupo está previsto o 21 de maio.
As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza ata o 22 de xullo. Os cursos iniciaranse todos os xoves a partir do 21 de maio e o último comezará o 23 de xullo.
Para máis información e inscricións: https://www.autonomosdixitais.com