TU503A. Axudas Establecementos Turísticos 2021
04.02.2021. DOGA Nº 23
Descrición
Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de solicitude
Desde o 04.02.2021 ata o 04.03.2021
Beneficiarios
Persoas físicas e pemes titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración inscritos no REAT.
Son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
- Os establecementos hostaleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos.
- As empresas de restauración que se enmarquen dentro do grupo I do artigo 77 da Lei 7/2011, de 27 de outubro.
Requisitos principais do proxecto
- Deberá acreditarse unha antigüidade da actividade turística de aloxamento e restauración no establecemento non inferior a 5 anos de alta no REAT.
- Deberá acreditarse a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación.
- Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021 e en ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pago anteriores á devandita data.
Investimentos e gastos computables
- Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
- Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
- Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
- Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
- Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
- Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
- Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
- Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.
Contía da axuda
En función da puntuación obtida, entre o 30 % e o 50 % dos gastos subvencionables.
Descargar documentación