APEHL

Axudas do Concello de Mondoñedo para pemes e autónomos co fin de financiar gastos derivados da covid-19

09.02.2021. BOP Nº 032

Descrición
Axudas para pemes e autónomos para contribuir ao financiamiento de gastos vencellados á adopción de medidas preventivas derivadas da alerta sanitaria da covid-19.

Prazo de solicitude
Finaliza o día 28.02.2021

Beneficiarios
Pemes e empresarios autónomos con domicilio social e centro de traballo ubicado no Concello de Mondoñedo que:

  • Desenvolvan unha actividade que non teña a condición de actividade esencial.
  • Vexan reducido, a lo menos durante 3 meses,  o seu horario de apertura ao público e reducido o seu aforo máximo.

Non poderá ter a condición de beneficiario quen houbera cesado a actividade durante o período subvencionable, salvo que o cese da actividade fora imposto pola normativa vixente.

Inversións e gastos computables
a) Obras realizadas nos locais para garantir a distancia de seguridade.
b) Adquisición de hidroxeles ou desinfectantes.
c) Adquisición ou arrendamento de mamparas.

Serán subvencionables os gastos realizados dende o 15 de marzo de 2020 ao 1 de febreiro de 2021.

Contía da axuda
O importe da subvención será do 80 % e, como máximo, 3.000 euros por beneficiario.
Nos gastos da letra b) máximo 300 euros por beneficiario e 500 euros máis para as actividades que tiveron que pechar dende o 27 de xaneiro, segundo a Orde do 26 de xaneiro publicada no DOG dese día.

A contía restante distribuirase con rateo entre os restantes custos subvencionables ata acadar o límite de 3.000 euros por beneficiario.

Descargar documentación